Capítulo VI. Xustiza

Rebeca Rivas Márquez.

Carlos Núñez López
Chamamos xusto a un acto ou incluso a lei mesma en canto a un criterio básico de igualdade.Así na carta da Unión Europea no capítulo sexto (o da xustiza) están reflectidos nos seguintes artigos os nosos dereitos:
Todo acusado presúmese de inocente ata que a súa culpabilidade sexa legalmente declarada, así garantese para o acusado o respecto dos dereitos da defensa.(artigo 48).
Dereito a non ser acusado e condenado penalmente dúas veces polo mesmo delicto. Un acusado que cometíu un delicto do que xa fora absolto non pode ser culpable ou acusado se fai a mesma infracción na Unión mediante a sentencia penal firme conforme a lei.(artigo 50).
O significado de igualdade é tradicional, no pensamento occidental xa estaba dende Aristóteles, expresase no principio de que os iguais serán tratados como iguais, e os desiguais en desiguais.
Quere decir que non debe aplicarse un trato discrimitarório a dous casos análogos.
Admitido que os casos análogos e os desiguais deben ser tratados da forma xa citada, a cuestión está en determinar que casos son análogos e cales non, e decir, cales deben selos críterios para establecer-la semellanza ou desemellanza. Por exemplo, se duas persoas de diferente cor cometen o mesmo delicto, debese de impoñer a mesma pena.
As situacións son análogas, pois a diferencia de cor non establece unha distinción relevante para o dereito. Tamén podese da-lo caso dun mesmo delicto cometido por dúas persoas, unha no seu sano xuizo, e outra enaxenada mental, non se lles poderá impoñe-la mesma pena, xa que o estado mental do delincuente parécenos unha diferencia relevante nesta materia.

Capítulo IV

Índice

Capítulo VII