Capítulo V. Cidadanía e Civismo

María Sharay Santos Rguez.

María Fernández Fernández
CIDADANÍA

A cidadanía é moi importante para a evolución europea. As persoas e máis a súa protección téñense moi en conta neste grande pobo que chegará a ser Europa. ¡Esperamos que así sexa!
Na Unión Europea, tódolos cidadáns temos dereitos para que a nosa vida seña cada vez mellor. Melloramos día a día e intentamos conseguir que tódolos europeos sexamos unha gran familia, que sexamos iguais.


Todos temos deteito a ser electores ou elixibles nas eleccións ó Parlamento Europeo. Nós podemos elexir e podemos ser elexidos. Podemos mellorar Europa.
Os nosos asuntos, dentro da Unión serán tratados con imparcialidade e equitatividade, por que a Unión preocúpase cada vez máis polo noso benestar.

A Unión deberá consolidarse como un gran pobo no que tódolos seus integrantes terán dereito a circular e vivir no territorio que eles elixan dentro dos Estados membros. Toda Europa será o noso fogar.
Todo cidadán ten dereito a acceder ós documentos, e se temos algún problema de mala administración na acción das institucións, temos un Valedor do Pobo para defendernos. Ademáis, o expediente que nos afecte é confidencial e secreto.
Estes e outros dereitos son os que se propoñen para todos. Europa chegará moi lexos e medrará coa axuda de todos.
Dentro destas grande esperanza, tamén hai grandes interrogantes:
¿Por qué non avanza a cultura común: Bandeira, himno?
¿Por qué esta Carta – a primeira vista – somentes parece un “catálogo de boas intencións” e non se avanza cara unha Constitución Europea?


CIVISMO

Posúe dúas acepcións:

Unha é a conducta correcta e respetuosa entre propios e estranos. Inclúe os bos modais, a boa educación. Outra é a cultura pública de convivendia pola que se rexen, ou debería rexerse, unha determinada sociedade.

Sen o civismo non existiría a sociedade tal e como a coñecemos hoxe en día, xa que a convivencia fai xurdir conflictos e trifulcas entre nós, os humanos.

Para arranxar estes conflictos necesítase o civismo, que intenta establecer unhas normas básicas de convivencia que inclúen os dereitos de circulación e de residencia que están recollidos no Artigo 45 e agora están moi de actualidade.

Non só é un conxunto de normas ou modos de proceder, tamén inclúe un contido moral que expresa unhos determinados valores morais e unhas crenzas acerca da sociabilidade humana.


Capítulo IV

Índice

Capítulo VI