Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares

martes, 14 de diciembre de 2021
Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares
presentan os seus últimos poemarios

Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios -respectivamente "ADN do infinito", editado en Galicia, e "Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía", editado en Brasil- no Centro Sociocultural de Fingoi, hoxe martes 14 de decembro, ás 20h.

No ano 1933, en Bos Aires, o poeta español Federico García Lorca e o poeta chileno Pablo Neruda pronunciaron un cómplice discurso "al alimón" ou sexa, feito a dúas voces, inusual procedemento que hoxe retomarán en Lugo o director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, Claudio Rodríguez Fer, e o profesor da Universidade Federal do Amazonas, Saturnino Valladares, irmandando de novo Europa e América como antes fixeran os seus admirados mestres.

Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente. O libro de Claudio Rodríguez Fer está profusamente ilustrado en cor pola artista lucense Sara Lamas e o de Saturnino Valladares está prologado e traducido ao portugués polo poeta brasileiro Tenório Telles.

SOBRE ADN DO INFINITO:
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.28518.php

SOBRE VAGA-LUMES AO MEIO-DÍA:
https://www.facebook.com/editoravaler/posts/3767584770011753
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES