Noticias

La oposición en el Parlamento de Galicia fuerza a Feijóo a que explica su relación con un investigado en la Operación Zeta

Tanto el PSdeG como el BNG han criticado la oposición del PPdeG a permitir la comparecencia del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que explique "su relación" con el investigado como "conseguidor" de la trama de la Operación Zeta por un supuesto fraude en los cursos de formación pagados con fondos públicos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, preguntaralle ao presidente da Xunta no próximo Pleno do Parlamento sobre as “funcións desenvolvidas na Xunta de Galicia por Pachi Lucas”. Os socialistas queren que Feijóo explique en sede parlamentaria as consecuencias públicas da súa conexión co “conseguidor” investigado na Operación Zeta por presunto tráfico de influenzas.

Méndez Romeu explicou, logo da reunión da Xunta de Portavoces, que centrará a sesión de control do Parlamento nesta situación logo da investigación aberta pola xustiza sobre Pachi Lucas, e logo de que o PP vetara a comparecencia de Feijóo por esta mesma situación.

O responsable socialista lembra que esta mesma pregunta foi presentada ao presidente da Xunta en decembro de 2014, cando se coñeceu a presenza de Lucas na trama, e pola que o propio Feijóo non ofreceu mais que “denuestos e descualificacións” nunha intervención “de vergonza allea”. Subliñou que si o “conseguidor” participa da toma de decisións do goberno galego “haberá que dar algunha explicación”.

O presidente da Xunta tampouco atenderá, explicou, á solicitude de comparecencia presentada polos socialistas galegos pra dar conta do seu “novo talante” ao demandar un goberno de coalición en España “e a repercusión no novo goberno de Galicia”. Acusou a Feijóo de amosarse “dialogante en España e autoritario e fuxitivo en Galicia, onde ten as súas competencias”, logo de rexeitar tódalas emendas da oposición aos Orzamentos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reclamou a comparecencia ante a imputación de persoas próximas ao presidente e cargos da Administración pública.

Tras a Xunta de Portavoces, Jorquera anunciou os asuntos excluídos ante o “bloqueo da maioría do Partido popular” entre os que destacou a comparecencia de Núñez Feijóo para explicar a imputación de persoas próximas ao presidente da Xunta e cargos da administración pública no proceso aberto pola presunta fraude nos cursos de formación e a creación dunha comisión de investigación para determinar as causas do accidente ferroviario de Angrois.

Jorquera manifestou compartir a indignación das vítimas e familiares e a súa indefensión pola decisión do xuíz de pechar o caso do accidente de Angrois e fixo referencia ás declaracións das propias vítimas que cualificaron de “insulto” os argumentos empregados polo xuíz como a realización de 59 servizos en ambos sentidos antes do accidente “sen que tivese pasado nada”.

Máis alá da valoración xudicial, dixo o deputado, unha cousa é a depuración de responsabilidades penais e outra, a depuración de responsabilidades políticas polo que lamentou que, unha vez máis, o PP impida abrir a comisión de investigación cando en Valencia xa foi constituída por segunda vez unha comisión de investigación do accidente do metro no ano 2006.

Para o deputado, os mecanismos de control non funcionaron no “escándalo” dos cursos de formación e o peor, dixo, é que estamos ante unha trama de financiamento ilegal coa conivencia de responsábeis da Xunta e do Partido popular.

Sobre a imputación de Pachi Lucas, o auto considera confirmados os indicios que apuntan a un delito de tráfico de influencias ao actuar como “conseguidor” de Gerardo Crespo. Quero lembrar, dixo Jorquera que Pachi Lucas é unha persoa do “círculo intimo do Sr. Feijóo” e o Presidente da Xunta non pode dar “a calada por resposta”, debe comparecer e dar explicacións, recalcou.2

Jorquera preguntará a Feijóo se vai retirar o anteproxecto da lei de acuicultura que pretende privatizar as rías e poñelas en mans das grandes multinacionais.Unha moción para adoptar medidas que garantan un novo reparto de dereitos de pesca para a flota do cero, unha proposición non de lei sobre a entrada en vigor do Plan Nacional contra a Hepatite porque resulta “gravísimo”, dixo o portavoz parlamentario, que a Fiscalía presentara unha denuncia contra o SERGAS por non facilitar o tratamento que supuxo a morte de tres persoas.

Asemade, o BNG tamén defenderá medidas para garantir o dereito a unha vivenda digna e evitar os desafiuzamentos, modificar a lei estatal e autonómica co fin de acadar a prevención e protección total da vítimas de violencia machista e unha pregunta ao Goberno sobre como valora a sentenza que anula o cobro de 12,6 M€ en impostos a parques eólicos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento galego dúas proposicións non de lei para fomentar a cooperación entre administracións e estaleiros públicos e privados para mellorar a investigación e a innovación no sector naval galego, así como para potenciar as estratexias de capacitación e competencia lectora da sociedade galega. A sesión plenaria incorpora, ademais, a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente e Territorio e o debate de totalidade do proxecto de Lei de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral de Galicia e do seu sector público.

A modo de resumo, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, sinalou que a sesión plenaria incorpora 28 cuestións, das que catro corresponden ao Grupo Popular e outras dúas ao Goberno galego, ademais dunha iniciativa lexislativa popular. “As restantes 21 son a iniciativa dos grupos da oposición, o que confirma unha vez máis que neste Parlamento non existe veto nin posicionamento da maioría que priven do debate das cuestións que a oposición considera que preocupan á cidadanía”, sinalou.

Ao remate da Xunta de Portavoces, Pedro Puy informou que a sesión plenaria dará comezo coa toma de posesión das tres novas deputadas que substitúen ás que resultaron electas como deputadas no Congreso ou senadora. Por parte do Grupo Popular, tomarán posesión Sandra María Devesa Bouzas e Elena González Sánchez.

A continuación, procederase ao debate de dous textos lexislativos. En primeiro lugar, a iniciativa popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, “que se incorpora á orde do día deste pleno como consecuencia do previsto na recentemente aprobada Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá”, lembrou Puy.

O pleno incorpora tamén o debate de totalidade do proxecto de lei de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral de Galicia e do seu sector público. O portavoz popular subliñou que este texto lexislativo “é o último do paquete de medidas de impulso democrático que anunciara o Presidente da Xunta na súa comparecencia no Parlamento hai xusto un ano, iniciativas que supuxeron unha profunda renovación en relación co uso dos fondos públicos e a transparencia para a loita contra a corrupción e minimizar os riscos asociados con condutas deplorables”.

Entre as novidades que incorpora este proxecto de Lei, Pedro Puy indicou que “por primeira vez a asesoría xurídica asistirá ao conxunto do sector público autonómico; se impulsa a calidade lexislativa a través dunha entidade que permitirá ir axustando a estrutura das normas e a adecuación do conxunto das normas aos parámetros de calidade; se incrementa a autonomía da propia asesoría xurídica; se fomenta o uso da lingua galega e a utilización dos medios telemáticos no traballo habitual da asesoría xurídica; e, finalmente, establece o criterio que debe acompañar á prestación de servizos de asistencia xurídica a empregados públicos e a altos cargos cando están suxeitos procesos xudiciais relacionados coa corrupción.

A sesión plenaria continuará coa comparecencia a petición propia da conselleira de Medio Ambiente para dar conta das liñas xerais do seu departamento, unha solicitude que coincide cunha petición do grupo maioritario da oposición.

O Grupo Popular defenderá no pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei. A primeira ten como obxectivo impulsar ao Goberno galego a utilizar a rede de bibliotecas públicas para incrementar a competencia lectora da sociedade galega.

A segunda proposición non de lei do Grupo Popular pretende fomentar a competitividade e potenciar a colaboración entre as empresa públicas e os estaleiros públicos e privados co fin de mellorar a investigación e a innovación no sector naval galego, co obxectivo de ganar novos contratos e posicionarse internacionalmente nos nichos de mercado máis innovadores, como a construción naval convencional, o da eólica off-shore ou a construción e adaptación de buques propulsados por gas natural licuado.

Por último, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre o proceso de posta en marcha efectiva da área metropolitana de Vigo e sobre as repercusións para Galicia do acordo acadado no Consello de Ministros da Unión Europea que determinou as cotas de pesca para 2016.

R., 2016-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES