
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O Consello Nacional do BNG aprobou a data de celebración da Asemblea Nacional que queda fixada para o 28 de febreiro, así como o correspondente calendario e regulamento para un conclave que terá lugar nun momento decisivo para o nacionalismo, no que a militancia debaterá absolutamente de todo, sobre estratexia, organización, reformulacións necesarias e que elixirá nova equipa de dirección, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence.
A poucos meses dos comicios galegos, as posibles alianzas electorais serán un punto importante, pero non único que abordará a asemblea. É un debate importante, pero non é o único. O crucial é definir unha estratexia política que nos permita chegar á sociedade como unha alternativa útil, tamén de cara ás eleccións, para transformar o país, derrotar ao PP, dar solucións aos problemas e reforzar o autogoberno, salientou ou dirixente nacionalista.
Somos conscientes de que temos un panorama electoral complexo que será elemento de debate na asemblea nacional, subliñou, tras indicar que o Bloque leva semanas nun proceso de reflexión tanto nos órganos de dirección como por parte da militancia e simpatizantes nas asembleas abertas celebradas por todo o país, cunha participación moi ampla.
Analizando como encarar a situación do nacionalismo e ver que alternativas políticas, incluídas as electorais, corresponde adoptar, nun debate colectivo que continuará ata a asemblea nacional. Non é un debate pechado, hai diferentes alternativas e propostas de como reforzar o proxecto nacionalista de cara a futuro, salientou o portavoz nacional, tras indicar a coincidencia plena en considerar necesario para o futuro do BNG ter unha organización potente, aberta á cidadanía e capaz de conectar coas necesidades do país.
Queremos que o Bloque sexa visto como ferramenta útil para resolver os graves problemas económicos e sociais que temos, para construír país e derrotar ao PP, que hoxe é a principal ameaza da maioría social. Para iso é preciso mudar a correlación de forzas, unha mudanza na que o nacionalismo ten que ser determinante para darlle unha alternativa á maioría social precarizada e reforzar o noso autogoberno, argumentou.
Á espera do que acorde a Asemblea Nacional, e coa vontade de ir ao maior consenso posible, Vence amosouse partidario de abrir diálogo con diferentes forzas políticas para sumar e conseguir darlle a volta ao panorama político en Galiza, consolidar unhas políticas diferentes para a maioría social e defender o autogoberno. Para iso o nacionalismo deber ser unha pata fundamental e tentar sumar cos que podan compartir un programa nacional de transformación e para derrotar ao PP.
Preguntado polos medios se volverá a postularse como portavoz nacional, Vence salientou que do conclave do 28 de febreiro debe saír unha dirección nova para sacar adiante as resolucións da asemblea nacional, unha dirección nova en todos os sentidos e en todos os niveis.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
A Mesa Coordinadora de En Marea reuniuse para por en común o contido das diferentes reunións celebradas durante as últimas semanas con diferentes formacións de cara á constitución de grupos no Congreso e no Senado. Logo de que os deputados e a senadora presentes informaron sobre o regulamento e os prazos, a Mesa Coordinadora corroborou que se cumpren todos os requisitos legais polo que mantén a súa decisión de solicitar a formación de grupo parlamentario propio.
Acordouse tamén activar a ponencia que desenvolverá o regulamento da Mesa Coordinadora e reforzar e definir os mecanismos de participación dentro do espazo En Marea.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.