Noticias

Cultura promociona en Suecia el Xacobeo 2010 con una exposición fotográfica del Camino de Santiago de la artista alemana Silvia Steinbach

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, participó en el acto inaugural de la exposición Auf dem Weg (En camino) de la artista alemana Silvia Steinbach en la iglesia sueca de Sant Jacobs Kyrka en Estocolmo, que servirá para promocionar el Xacobeo 2010.

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, participó en el acto inaugural de la exposición 'Auf dem Weg' (En camino) de la artista alemana Silvia Steinbach en la iglesia sueca de Sant Jacobs Kyrka en Estocolmo, que servirá para promocionar el Xacobeo 2010. Durante su participación, Roberto Varela indicó que con la presencia gallega en Suecia se cumple "uno de los principales objetivos del departamento de Cultura, la promoción y difusión de todas aquellas muestras que, partiendo de Galicia, van más allá de las fronteras" y "acercan el fenómeno Xacobeo a cualquier lugar del mundo".

La ciudad de Santiago y el Camino Francés son el pretexto de una exposición que recorre los espacios naturales y culturales propios del Camino en su ruta más emblemática. Silvia Steinbach es una joven artista alemana que trata, mediante un conjunto de instantáneas, de componer un relato plural y poético sobre la experiencia de la peregrinación a Compostela.

La muestra itinerante está compuesta por 55 fotografías y ya fue vista previamente por los ciudadanos de Frankfurt y Colonia. La exposición de Steinbach permanecerá en Estocolmo hasta el día 16 de agosto y, desde allí, se desplazará a Varsovia y Cracovia.

El conselleiro de Cultura aprovechó su estancia en Estocolmo para mantener un encuentro con la presidenta de la Fundación Carlos Casares, Kristina Berg, en la que abordaron la posibilidad de potenciar nuevas rutas turísticas que partan de los países del norte de Europa y enlacen con el Camino.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou no acto inaugural da exposición “Auf dem Weg” (“En Camiño”) da artista alemana Silvia Steinbach na igrexa sueca de St. Jacobs Kyrka en Estocolmo.

A produción da mostra enmárcase dentro das accións culturais organizadas pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo 2010, conxuntamente coa Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos, froito do convenio de colaboración subscrito por ambas institucións para promover os Camiños de Santiago.

“Coa nosa presenza nesta cidade cumprimos cun dos principais obxectivos do departamento de Cultura e Turismo: a promoción e difusión de todas aquelas mostras que, partindo de Galicia van alén das nosas fronteiras e achegan o fenómeno xacobeo a calquera lugar do mundo, sen complexos” asegurou Roberto Varela na súa primeira saída internacional na que viaxou acompañado da súa xefa de prensa.

“Estocolmo é, sen dúbida, unha cidade global, cosmopolita e aberta, na que, o igual que nas outras grandes capitais europeas, a presenza de Galicia, a promoción da súa cultura e da súa paisaxe constitúen unha das prioridades da Consellería”.

O Camiño Francés e a cidade de Santiago de Compostela son o pretexto dunha exposición que percorre os espazos naturais e culturais propios do Camiño na súa ruta máis emblemática.

Silvia Steinbach, unha nova artista alemá, trata, mediante o conxunto de instantáneas, de compoñer un relato plural e poético sobre a experiencia da peregrinación a Compostela.

“A captación da atmosfera que definen os espazos históricos do Camiño, os encontros e partidas que acontecen a cotío na peregrinación, a mirada cómplice da fotógrafa cos monumentos e a natureza, o respecto que amosa polo relato que revelan as pedras talladas e os significados íntimos dos espazos, recordan, en ocasións, a forma de traballar de clásicos deste arte como Man Ray, Eugène Atget ou Ansel Adams” observou Varela.

A mostra itinerante de Silvia Steinbach está composta por 55 fotografías que xa foi vista previamente polos cidadáns de Frankfurt e Colonia. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, “estas imaxes representan instantes esenciais do Camiño como espazo único para a aprendizaxe vital”.

No acto inaugural acompañaban o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a ministra sueca de Desenvolvemento e Cooperación Internacional, Gunilla Carlsson, o embaixador de España en Suecia, Enrique Viguera Rubio, o director da oficina de Turespaña en Estocolmo, Miguel Nombela, así como o presidente da Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos, Jesús Asorey Carril así como os embaixadores de Chile, Brasil, Arxentina, México e O Salvador e as ministras conselleiras das embaixadas de Polonia e Nicaragua.

A exposición de Silvia Steinbach permanecerá en Estocolmo ata o 16 de agosto. Os seus seguintes destinos serán: Varsovia (8-20 setembro) e Cracovia (23 setembro-3 outubro).

R., 2009-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES