
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro Roberto Varela, anunciou na presentación de Festival Via Stellae que a edición de 2010 será o marco da estrea mundial dunha obra musical de gran formato para a Catedral de Santiago. A Consellería de Cultura e Turismo pretende revestir o evento coa maior transcendencia posible para Galicia no Ano Santo e encargará a obra a un compositor de renome e de recoñecido prestixio.
Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, confirma a continuidade do Festival de Música de Compostela e os seus Camiños que, desde o xoves día 2 de xullo ata o xoves 23, ten programados máis de 100 concertos en 38 vilas e cidades de Galicia. Segundo Roberto Varela, trátase dun evento novo en idade pero grande en prestixio, un referente musical a nivel europeo que imos relanzar de cara ao Xacobeo 2010, no que temos que aproveitar todo o seu potencial de atracción turística.
O conselleiro compareceu ante os medios acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos e o director artístico do Festival, Víctor Carou. Avanzou que o seu departamento prevé unha inversión especial para o Via Stellae 2010, que presentará modificacións na súa programación. Deseñaremos un Festival máis completo, cunha selección máis aberta e variada, integrando música contemporánea e de vangarda co obxectivo de involucrar a máis sensibilidades, asegurou Roberto Varela. O titular de Cultura e Turismo confirmou, asemade, que Victor Carou continuará ao fronte da dirección artística de Via Stellae, que na súa denominación a partir do vindeiro ano incluirá Galicia para que se identifique aínda máis coa nosa comunidade.
Como novidade para a próxima edición, o conselleiro avanzou a inclusión de actividades e estilos musicais dirixidos a captar a atención de mozos e nenos, un público sempre entusiasta e fundamental para a promoción e difusión da cultura.
A programación do Via Stellae estenderase a todo o mes de xullo de 2010 cunha marcada intención de prolongar no tempo a súa presenza no Xacobeo e tamén no futuro. Neste sentido, Roberto Varela sinalou que o Festival debe xogar un papel estelar como valor engadido para os visitantes que se acheguen a Galicia despois do Ano Santo e, para iso, é preciso respostar con calidade ás altas expectativas xeradas nas tres primeiras edicións e na que comeza o xoves.
Dentro do programa da IV Edición de Via Stellae, o conselleiro destacou a extraordinaria repercusión que terá un magnífico cartel con intérpretes como Marc Minkowski, Rinaldo Alessandrini, Andrea Marcon ou Federico Maria Sardelli ademais de agrupacións como a Ochestra of the Age of Enlightenment, a Kammerochester Basel ou Ensemble Clément Janequin.
As gravacións previstas de varios concertos inéditos dentro do Festival contribuirá, segundo Varela, para a proxección exterior do ciclo e, por ende, á difusión da imaxe de Galicia fóra das nosas fronteiras.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.