
Nota de prensa remitida por Nova Galega de Danza:
Despois de dous espectáculos nos que a compaía Nova Galega de Danza (NGD) sorprendeu ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida para el, agora con Tradicción, pretenden sorprender de novo utilizando os elementos que conforman o seu propio imaxinario colectivo.
Tradicción é unha das coproducións do Centro Coreográfico Galego da tempada 2008 2009, unha proposta artística de Nova Galega de Danza que conta ademais co apoio do Concello da Coruña.
Con este terceiro espectáculo, a NGD estibo inmersa nun proceso de investigación. Os directores da compaía, Xaime Díaz e Vicente Colomer, estudaron, revisaron e reinterpretaron a danza tradicional máis pura, a través de talleres vivenciais encauzados por Xavier Díaz. En palabras súas: "imbuírse da nosa cultura de danza máis primaria e dar un chanzo máis na procura dunha danza contemporánea de marcado carácter galego".
A música de Tradicción, mistura as melodías tradicionais con harmonías e texturas modernas. Neste sentido, será decisiva a colaboración do novo director musical da compaía, Pedro Lamas, co pianista jazz asturiano, Jacobo de Miguel, dando como resultado unha música moi persoal, de autor. Na que tamén serán fundamentais as aportacións persoais de cada un dos músicos que traballan coa NGD.
Ademáis, nesta ocasión, a posta en escea pretende ir un pouco máis aló, incluíndo a proxección de imaxes, e un vestiario, que voltan a ser evocadores da cultura tradicional galega, e que amosan a "adicción pola tradición" no seo desta compaía.
Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza e virtuosismo.
NGD aumenta, para esta producción, o número de bailaríns, o que xunto coa posta en escea, fan de Tradicción, un espectáculo que impacta, utilizando o escenario como un espacio no que ocorre todo, danza, música, tradición e modernidade.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.