Noticias

O Camiño do Litoral estará listo no verán para sumar un novo atractivo turístico a Galicia

O Camiño do Litoral, que unirá a costa galega desde Ribadeo ata Tui, estará listo a partir deste verán, co que se sumará un novo atractivo turístico á comunidade autónoma. O Camiño terá unha lonxitude duns 1.300 quilómetros e poderase percorrer a pé ou en bicicleta, pasando por un total de 79 concellos. Neste sentido, o Goberno galego xa está a realizar os trámites para dotalo dunha sinalización sostible e integrada na paisaxe, que estará finalizada durante o verán, e acometerá tamén traballos de mellora do trazado nalgúns puntos que o necesiten e porá en marcha unha aplicación móbil na que se ofrecerá información de interese sobre as distintas etapas ou sobre o patrimonio cultural próximo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Camiño do Litoral, que unirá a costa galega desde Ribadeo ata Tui, estará listo a partir deste verán, co que se sumará un novo atractivo turístico á comunidade autónoma. “Poder percorrer a pé ou en bicicleta toda a costa galega, na comunidade con máis quilómetros de costa de España, é unha marabilla e un bo exemplo da Galicia Calidade”, salientou.

Así o precisou esta mañá, logo de percorrer unha parte do trazado xunto coas entidades que colaboraron no seu deseño e definición: a Fundación Galicia Sustentable, Sherpa Project e Marexada. No acto estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

O Camiño terá unha lonxitude duns 1.300 quilómetros e poderase percorrer a pé ou en bicicleta pasando por un total de 79 concellos. Neste sentido, o Goberno galego xa está a realizar os trámites para dotalo dunha sinalización sostible e integrada na paisaxe, que estará finalizada durante o verán.

A maiores, a Xunta tamén acometerá traballos de mellora do trazado nalgúns puntos que o necesiten e porá en marcha unha aplicación móbil na que se ofrecerá información de interese sobre as distintas etapas ou sobre o patrimonio cultural próximo.

Esta iniciativa é un exemplo da boa xestión galega do litoral, logo de que en 2023 se aprobase a lei galega de ordenación da costa, a Loxilga, e de que o pasado 1 de xullo se materializase a asunción plena das competencias de xestión do dominio público marítimo-terrestre.

Ademais deste Camiño do Litoral, a Xunta está a levar a cabo outras medidas nesta materia como a homoxeneización dos trámites e prazos en todas as provincias dos permisos para as instalacións e servizos na costa; ou como as axudas para renovar ou construír chiringuitos sostibles e eficientes, para os que tamén se realizou un concurso de deseño duns prototipos que os empresarios do sector poden tomar como referencia.

Na súa intervención, Rueda incidiu en que este Camiño atraerá visitantes, o que permitirá dinamizar a economía local dos concellos que atravesa, así como diversificar a oferta turística da comunidade autónoma. “Queremos que a xente nos visite, que os que veñan o pasen ben, repitan e coñezan toda Galicia”, indicou o presidente, quen salientou que esta nova senda tamén servirá para que os galegos “coñezan a súa propia terra”.

Nesta liña, indicou que o Camiño “levantou moita expectación, a expectación que levanta Galicia”. Ademais referiuse tamén ás previsións turísticas desta Semana Santa que, ata o de agora, están sendo moi positivas, tanto no que se refire ao número de viaxeiros como á afluencia de peregrinos.

R., 2026-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES