Noticias

Os centros educativos galegos ofrecerán por primeira vez este verán máis de 9.000 prazas en campamentos gratuítos

Os centros educativos galegos ofrecerán por primeira vez campamentos gratuítos de balde para as familias. Trátase do novo programa Dixicamp, que contará con máis de 9.000 prazas gratuítas e cuxa temática se centrará na mellora das competencias dixitais do alumnado. Este programa, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos, ofrecerá estadías en quendas dunha semana de duración que terán lugar desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares, cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa. Estes campamentos estarán atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais contratados especificamente.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha iniciativa en materia de formación e conciliación grazas á cal este verán “os centros educativos ofrecerán por primeira vez campamentos gratuítos de balde para as familias”. Trátase do novo programa Dixicamp, que contará con máis de 9.000 prazas gratuítas e cuxa temática se centrará na mellora das competencias dixitais do alumnado. Para levar a cabo esta medida “investiranse máis de 2 M€”, indicou.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional deu conta deste programa, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana de duración que, tal e como apuntou Rueda, “terán lugar desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares”, cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa.

Estes campamentos estarán “atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais” contratados especificamente, xa que o obxectivo é reforzar os coñecementos do alumnado nese ámbito e, deste xeito, “contribuír a atallar a fenda dixital”, en cumprimento do mandato da Unión Europea ao respecto. Paralelamente, configúrase como unha medida de apoio á conciliación das familias na época estival, unha vez que remata o período lectivo.

Destinatarios, itinerarios e solicitudes

Así pois, a través dunha convocatoria pública, a Consellería de Educación porá a disposición dos centros educativos “un total de 9.330 prazas nestes campamentos”, con especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras.

Serán os propios centros educativos os que solicitarán participar nesta iniciativa a través dunha convocatoria que a Consellería dará a coñecer nas vindeiras semanas.

Haberá dous itinerarios formativos: un de competencias básicas, dirixido a alumnos de entre 9 e 13 anos de idade; e outro de competencias avanzadas, para alumnos de entre 14 e 17 anos, organizados en grupos de entre 15 e 25 alumnos. “O alumnado que supere o curso poderá certificar 30 horas de formación”, explicou Alfonso Rueda. Para o desenvolvemento das actividades, os rapaces e rapazas contarán con materiais dixitais específicos e metodoloxías activas.

Formar cidadáns do século XXI

Este programa, financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, súmase ao conxunto de iniciativas impulsadas pola Consellería de Educación para reforzar a competencia dixital do alumnado galego de acordo coa Estratexia de educación dixital 2030, enfocada a xerar un ecosistema dixital nos centros educativos e formar tanto ao profesorado como ao alumnado nestas novas competencias e tecnoloxías.

Non en balde, xa están asentadas unha serie de iniciativas e programas en materia de innovación educativa no ámbito da educación dixital co fin de que o alumnado mellore as súas competencias dixitais e tecnolóxicas como son os programas de polos creativos, clubs de ciencia, Stembach, DixitalWeek, SpringWeek ou a Biblioteca creativa.

Nesta liña, Rueda recordou que Galicia “foi pioneira na posta en marcha dun proxecto para acreditar competencias dixitais”, a través do cal xa se levan emitido máis de 40.000 acreditacións para estudantes de ESO, bacharelato, FP e ensinanzas profesionais, e case 33.000 para docentes.

R., 2025-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES