
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla esta mañá a alumnado de 4º da ESO do Colexio Maristas de Lugo con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra anualmente en torno ao 11 de febreiro en recoñecemento ao papel que desempeñan as mulleres na comunidade científica e tecnolóxica.
Argerey animou a todo o alumnado a descubrir as súas paixóns, fortalezas e habilidades e a non poñerse límites, especialmente entre as nenas, porque Galicia precisa todo o talento para desenvolver o seu potencial, e convidounos a aproveitar as oportunidades laborais que ofrece o ecosistema galego de I+D+i. A responsable da Axencia Galega de Innovación puxo algúns exemplos das capacidades e do talento co que conta Galicia neste eido, con especial mención a pemes da súa contorna.
A directora da Axencia Galega de Innovación sinalou algunha liña de actuación para incrementar a presenza de nenas nas carreiras STEM, como atraer as nenas cara á ciencia e a tecnoloxía e romper os estereotipos de xénero achegándolles referentes femininos ou fomentando a elección non sesgada dos estudos. Por último, centrouse nas oportunidades que ofrece o Polo Aeroespacial de Galicia a nivel profesional, lembrando que require dunha gran variedade de perfís -desde enxeñeiros aeronáuticos ata informáticos, físicos ou matemáticos, pasando por expertos en intelixencia artificial- e na utilidade das tecnoloxías que se están a desenvolver no seu marco, como a vixilancia do territorio, a prevención e extinción de incendios, tarefas de salvamento, etc.
Esta actividade enmárcase nos programas de Fomento das vocacións científico-tecnolóxicas da Axencia Galega de Innovación. Precisamente, neste marco, mañá e o vindeiro 23 de febreiro celebraranse espectáculos no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol centrados na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 2024. O show, dirixido a escolares, intégrase no programa Dtec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, que se desenvolve todo o ano no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.