Noticias

O transporte público galego rexistra máis de 18 millóns de usuarios no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022

O transporte público de titularidade da Xunta rexistra máis de 18 millóns de viaxeiros no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022. Os datos do primeiro semestre avaliados constatan o avance continuado na recuperación da demanda de transporte público, tras a caída desde o inicio da pandemia da covid-19.

Neste sentido, o autobús interurbano, de competencia autonómica, sumou 2,65 millóns máis de viaxeiros que o ano anterior, cando empregaran o servizo 15,5 millóns. No que vai de 2023, os autobuses da Xunta atenderon cada mes máis de 3,02 millóns de usuarios, fronte aos 2,58 millóns de media mensual na primeira metade de 2022.

O crecemento das cifras de viaxeiros débese principalmente ao aumento dos usuarios xerais, non escolares, que medraron no primeiro semestre un 30 % con respecto ao mesmo período de 2022, superando os 11,8 millóns fronte aos case 9,1 millóns do ano anterior.

Cabe destacar tamén o aumento do uso do transporte compartido por parte de usuarios non escolares, que pasou de 385.000 viaxeiros no primeiro semestre de 2022 a máis de 445.000 no mesmo período deste ano.

No que se refire á evolución por provincias, na Coruña é onde máis medrou a demanda, cun 22 % máis de viaxeiros. Ademais, é tamén na que máis usuarios empregan o autobús interurbano, un 54 % do total de Galicia.

No resto das provincias, o crecemento dos viaxeiros foi dun 11% en Lugo, dun 7% en Ourense e dun 14 % en Pontevedra.

Máis tarxetas TMG e Xente Nova

Esta recuperación da demanda vén acompañada dun incremento do uso das Tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova, que dan acceso aos descontos e bonificacións activados pola Xunta.

Cómpre lembrar que coa tarxeta Xente Nova, os menores de 21 anos poden viaxar de balde nos autobuses interurbanos de competencia autonómica.

De xeito máis detallado, de xaneiro a xuño pagáronse con tarxeta o 79 % dos billetes dos usuarios non escolares, fronte ao 67 % do mesmo período do ano pasado.

O pago con tarxeta supuxo que na primeira metade do ano a Xunta bonificase máis de 9,3 millóns de viaxes aos usuarios non escolares. Dos máis de 18 millóns de viaxeiros que empregaron os autobuses, só un 14 % pagou o billete en efectivo.

A Xunta continúa a traballar no seguimento e optimización do transporte público por estrada co obxectivo de ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns e promover o seu uso como principal alternativa de desprazamento.

R., 2023-08-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES