
A Xunta de Galicia convoca axudas para comprar vivendas en centros históricos de Galicia, que poden chegar aos 15.000 .
Trátase do quinto ano consecutivo no que se convocan estas axudas, para promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda, ao abeiro do do Pacto social pola vivenda de Galicia 2021-2025. Trátase, en fin, dunha iniciativa que pretende favorecer a revitalización dos centros históricos de vilas e cidades galegas, promovendo a súa dinamización social, económica e patrimonial, e o relevo xeracional da poboación (en convocatorias anteriores máis da metade dos beneficiarios tiñan menos de 35 anos).
Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de xullo, e que estará en vigor ata o 2 de outubro, conta cun orzamento de 500.000 , e as axudas parten dun importe inicial de 10.800 , que se poden ver incrementados ata o 12.800 para persoas menores de 35 anos, e ata os 15.000 se o inmoble afectado está nalgunha das 7 Áreas Rexurbe declaradas en Galicia (A Coruña, Mondoñedo, Ribadavia, Tui, Ribadeo, Ferrol e Betanzos).
As condicións para optar a estas axudas son, polo tanto, que a vivenda estea situada nun centro histórico, que o solicitante sexa español/a ou teña residencia legal en España, que teña subscrito despois do 15 de novembro de 2022 un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición dunha vivenda xa construída (nova, usada ou pendente de rehabilitación), e cuxa unidade de convivencia non teña uns ingresos anuais conxuntos maiores a 6,5 veces o Iprem (54.600 euros).
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.