
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar acollerá o vindeiro 21 de xuño na súa sede en Vigo o acto de presentación dos avances acadados polo proxecto CleanAtlantic de loita contra o lixo mariño no Espazo Atlántico. O centro, dependente da Consellería do Mar, é o coordinador desta acción europea que pecha con esta xornada sete anos de traballo colaborativo.
O evento permitirá dar a coñecer os datos e a información recollida durante todo este tempo sobre o lixo mariño, así como o seu seguimento, modelado e aplicación de todo este coñecemento de cara a súa eliminación. A cita concluirá cun debate sobre os retos e oportunidades a abordar no futuro neste ámbito a través de novos proxectos de colaboración innovadores e de actividades en rede que axuden a concienciar e cambiar a actitude dos actores implicados así como a mellorar os sistemas de xestión do lixo mariño.
A apertura da conferencia final, que se desenvolverá en formato presencial e online, está prevista para as 09,00 horas da mañá e a inscrición para asistir á mesma está aberta na páxina web do Cetmar, onde tamén é posible consultar a axenda do evento.
Proxecto CleanAtlantic
O consorcio CleanAtlantic, liderado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e composto por 19 organizacións de Irlanda, Reino Unido, Francia, Portugal e España, traballou desde 2017 na mellora do coñecemento e das capacidades de prevención, monitorización e eliminación do lixo mariño.
Esta iniciativa está financiada polo Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico e conta coa participación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo realizado ao abeiro deste proxecto serviu para que fose un dos galardoados nos Atlantic Projects Awards xunto a outras accións investigadoras como Arcopol Platform e Mariner.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.