Noticias

Galicia urxe ao Goberno central a adoptar medidas inmediatas de apoio ao sector pesqueiro ante a actual crise económica

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta está a traballar nas medidas que é posible aplicar desde Galicia para apoiar á frota pesqueira e urxiu ao Goberno central a adoptar medidas de xeito inmediato para facer fronte á suba dos carburantes, á folga do transporte e ás consecuencias da guerra en Ucraína. A titular de Mar lembrou que nos últimos días mantivo reunións coas entidades representativas da frota pesqueira e da industria transformadora para analizar a evolución da súa actividade nas que se abordaron medidas de carácter autonómico como a bonificación do 100% das taxas dos portos galegos durante un mínimo de dous meses.

Esa medida engádese a outras como a axilización do abono das axudas concedidas ao sector, de forma análoga ao que se fixo durante a pandemia pola covid-19.

Rosa Quintana incidiu en que a Xunta e o sector tamén constataron a necesidade de que o Goberno central adopte medidas urxentes como apoios conducentes á rebaixa dos prezos dos combustibles ou actuacións con resultados semellantes -como fixeron outros países europeos-, a concesión de axudas de mínimis ás empresas ou a flexibilidade interanual nas cotas, para que a frota aproveite o ano que vén as posibilidades de captura que non consuma este ano.

A conselleira aseverou que non se pode esperar ata o día 29 para adoptar medidas, pois pode ser tarde para moitas empresas, e subliñou que o establecemento dun marco temporal excepcional nos fondos europeos non é a solución para o curto prazo pois a súa tramitación adoita ser lenta.

Mellora da eficiencia

A representante do Executivo galego lembrou ademais que a Xunta leva traballando desde 2009 na mellora da eficiencia enerxética do sector marítimo-pesqueiro a través de distintas liñas de apoio específicas ao abeiro dos fondos europeos.

Neste sentido, especificou que o orzamento total destinado ás convocatorias de axudas deste ano para o sector transformador de produtos do mar e a produción de cultivos mariños é de 30 millóns de euros. No caso das axudas específicas para buques destinadas a cambios de motores e eficiencia enerxética, a cantidade destinada na convocatoria de 2022 é de preto de 2 millóns de euros. Ademais a titular de Mar subliñou que nestas liñas de apoio sempre foron aprobadas todas as solicitudes de axuda que cumpriron os requisitos.

R., 2022-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES