Noticias

Chega a terceira edición do Galician Freaky Film Festival cargada de aliens, vampiros, máscaras e música

Presentouse na Sala Videodrome, o templo do frikismo vigués, a programación definitiva da #2 Edition do Galician Freaky Film Festival e, tal e como se agardaba, chega repleta de contido friki espallado ó longo dos tres días que ocupará o certame. Preto de 40 filmes nacionais e internacionais chegados dende Rusia, México ou Países Baixos conformarán unha sección oficial escollida entre case 200 propostas. “Hai pezas que veñen de Sitges ou de Nocturna” –comentou Juan De Castro, director do certame– “que son a primeira vez que se verán en Galicia”.

A programación complétase con dúas exposicións, dúas actuacións en directo, cervexas silvestres, aliens por todos os lados, sorpresas e o método máis ruidoso posible para seleccionar as mellores curtametraxes: o clásico aplausómetro noventero.

A inauguración correrá a cargo de Caspervek Ensamble que musicalizará en directo Nosferatu, unha sinfonía do horror, o gran clásico expresionista do mestre F.W. Murnau e todo un referente do cinema de chupasangues o xoves 24 ás 19:30. Acto seguido proxectaranse dous bloques de curtas: Co cu torcido quedo e Animación Freak.

O venres 25 será unha xornada de frikismo intenso con varios pases diferentes agrupados por xéneros nos que se poderá gozar e rir a cholón no Serán de Humor Freak Vol. 1, tratar de explicar o inexplicable na sesión Que carallo é isto? ou chorar, berrar e ata abrazarse ó do lado na Noite de arrepío.

Xa o sábado 26 chegará o momento do Serán de Humor Freak Vol. 2 e unha cita que promete as delicias dos máis fanáticos o Frikismo do país sesión na que se proxectarán esas obras que máis entenden a filosofía do frikismo autóctono galego.

Para rematar, trala entrega de premios, chegará o momento do concerto de Los Pontiaks que dará paso ó desenfreo e o despiporre da festa de clausura que rematará cando o ordenen as autoridades, “o ano pasado acabouse facendo o trenecito” –bromeou o director do certame– “iso é un síntoma inequívoco de que houbo sarao”

Expos arrepiantes, escenografía arrepiante

Unha das grandes sorpresas da nova edición do Galician Freaky Film Festival é que contará cunha exposición de Alberto Hortas, “a figura galega máis importante en canto a efectos especiais se refire” –puntualizou De Castro– “teremos moitas das súas pezas e a honra de telo a el aquí explicando a exposición e facendo una masterclass en vivo”.

Hortas ten colaborado en filmes coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou o sanctasanctórum do frikismo de culto, o programa Muchachada Nui. Pero iso non é todo. Como ven sendo habitual no GFFF, non podía faltar a expo dun dos artistas máis arrepiantes do panorama vigués Josef Méndez e o seu Art Horror no que rende homenaxe ós grandes clásicos do terror dos 80 e os 90.

A videodrome será a nave Nostromo

Este 2019 cómprense corenta anos da estrea mundial de Alien o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto protagonizada por Sigourney Weaver e dirixida por Ridley Scott. O Galician Freaky Film Festival non quixo perder a oportunidade de facer a súa propia homenaxe a esta efeméride e xa avisou no cartel do evento creado por Paulo Mosca e María Llauger.
Pero non quedará aí.

A Sala Videodrome converterase durante tres días na irmá pequena da nave Nostromo e alí se verán aqueles ovos míticos da peli cheos daqueles parasitos tan amigables e desexosos de abrazar a alguén.

En resumo, todos os que queiran rir, gozar do cine máis gamberro e sen complexos e vivir a festa máis friki do ano, teñen unha cita os próximos 24, 25 e 26 de outubro na sala Videodrome no Mercado do Progreso, na rúa Velázquez Moreno 44.

R., 2019-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES