
Organizado pola compañía Sarabela Teatro, o FITO repite en 2018 como unha das mostras adxudicatarias das axudas a festivas profesionais de artes escénicas e de música que a Xunta de Galicia convoca anualmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
En concreto, o encontro ourensán percibe este ano preto de 24.500 euros como un dos oito festivais escénicos subvencionados por esta vía, tal e como explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, nesta presentación. Xunto con el participaron tamén Belén Iglesias, concelleira de Cultura de Ourense; Sabela Gago, directora do festival, e os representantes doutras das entidades patrocinadoras e colaboraras do evento.
Sutil gabou a aposta do FITO, reforzada nesta undécima edición, polos novos creadores e os novos xeitos de facer teatro a través dunha maior interacción co público e da posta en valor de todo tipo de manifestacións escénicas xunto ao teatro textual.
Propostas galegas e internacionais
Así mesmo, felicitou á organización por seguir mantendo un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea no FITO Os limóns, a neve e todo o demais. As súas propostas comparten carteleira coas de compañías de Portugal (Projecto Ez), Arxentina (Sottutous), Israel (Davai) e Chile (La Mona Ilustre), así como doutras comunidades autónomas: Madrid (Produción Off, Teatro en Vilo e Clara Sanchís), Andalucía (T.A. Plancha) e Cataluña (Moma Teatre).
Os integrantes de Sottutous Gadiel Szrtryk e Andrés Camiños serán, ademais, os encargados de impartir o día 7 o curso O xogo, motor da creación, deseñado para que calquera persoa interesada no teatro poida descubrir dun xeito lúdico a súa propia poética e as súas capacidades creativas.
O programa desta undécima edición complétase coas actividades do IV Encontro Mulleres Creando, dedicado a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade. No marco desta iniciativa, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro, achegaráselle ao público unha reflexión sobre xénero e cultura en diferentes ámbitos a través da ollada dunha trintena de mulleres que participarán na súas seis mesas redondas. O colectivo A Caixa de Pandora e a artista galega Ana de Matos ofrecerán, ademais, cadansúa performance, mentres Dúas Gamberras e un Micro porán en escena o espectáculo A revolución das mulleres floreiro.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.