
A cita será ás 15:00 horas, no lugar de Santa María de Astariz, na praza diante da igrexa. Despois de coñecer o taller de Vaz, os asitentes desprazaranse á igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, onde terá lugar o obradoiro, durante o cal participarán nunha conversa sobre estirpes de construtores históricas (como Amati, Stradivari ou Steiner) e sobre as coleccións de instrumentos antigos que se conservan en diferentes museos do mundo. Do coloquio, moderado por Andrés Díaz, formarán parte os músicos Erea Blanco, especialista en instrumentos de tecla; Valentín Novio, en corda pulsada; María Giménez, en percusión e voz; Pablo Ruibal, en corda fretada e Felipe Rodríguez, en instrumentos de vento.
Tamén haberá tempo para gozar dunha ampla colección de instrumentos de distintas familias, procedentes de diversos artesáns e reproducidos a partir de variadas fontes iconográficas. Con eles interpretarán os músicos participantes música ao vivo.
A luthería
O ciclo Espazos Sonoros entra, un ano máis, no mundo da música antiga para ofrecer unha visión diferente de aspectos que non sempre son accesibles nos concertos de música antiga. A construción de instrumentos musicais constitúe un traballo artesanal de elevada complexidade e especialización, aínda máis cando se trata de recuperar instrumentos que foron empregados en épocas máis ou menos distantes no tempo, para a interpretación de música. En Galicia existe unha crecente industria artesanal dedicada á luthería e á construción de instrumentos antigos e tradicionais, e obradoiros que subministran a músicos de todo o mundo.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.