Noticias

O conselleiro de Cultura destaca o ritmo 'satisfactorio' no avance das obras da Catedral de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, explicaron en rolda de prensa os últimos avances das intervencións realizadas na Catedral de Santiago e a necesidade de acometer un peche provisional do espazo onde se atopa o Pórtico da Gloria pola execución das obras de restauración dos paramentos interiores e das bóvedas. Ao abeiro do convenio entre o Ministerio de Hacienda, a Consellería de Cultura e Educación, o Cabido do Conxunto Catedralicio e a Fundación Catedral estase a traballar cun investimento de 17 millóns de euros para chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar vindeiro Xacobeo.

E destacou que “coas obras que está previsto licitar no 3º trimestre deste ano, estarán contratadas actuacións por máis de 11.700.000 euros, o que comportará un 70% de execución prevista” o que supón, en palabras de Román Rodríguez, “que se avanza a un ritmo razoablemente satisfactorio”.

En concreto, no terceiro trimestre de 2018 está previsto licitar a restauración dos paramentos verticais da xirola e dos paramentos interiores e bóvedas da nave central, transepto, naves laterais e triforio; a actuación nas cubertas do templo, que inclúen a nave principal e o cruceiro; a restauración da fachada sur e oriental do claustro, da torre do tesouro e das cubertas da devandita ala oriental do claustro; e, finalmente, a restauración das cubertas da ala norte do espazo claustral.

Ao respecto das obras de rehabilitación da Catedral, o titular de Cultura explicou que desde o principio, a Fundación Catedral e a Xunta de Galicia pensamos que era necesario informar e explicar os pasos que se ían dando durante esta posta a punto da basílica compostelá. “Entendemos ‒en palabras de Rodríguez‒ que este era un camiño que debíamos compartir coa cidadanía galega.” E afirmou que, desde o punto de vista da xestión do Patrimonio, a Fundación Catedral de Santiago é, en moitos aspectos, un referente tanto no ámbito nacional como internacional.

Román Rodríguez lembrou a importancia da conciencia cívica no uso e desfrute do Patrimonio. Neste sentido, concluíu afirmando que “respectando e coidando o patrimonio, respectámonos e coidámonos a nós mesmos.”

R., 2018-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES