
Na súa intervención, Jacobo Sutil destacou que este é un dos nove festivais audiovisuais subvencionados pola Xunta de Galicia, canle pola que obtén este ano algo máis de 17.000 euros. Esta é a terceira ocasión na que este festival consigue financiamento a través desta liña de axudas que iniciamos en 2014, formando parte dunha listaxe de adxudicatarios que abrangue citas tan relevantes e tan variadas en formatos e contidos como son o Play-Doc de Tui, o Festival de Cans, o (S8) da Coruña, o Curtocircuíto e a Mostra de Cinema Etnográfico (as dúas citas en Santiago de Compostela), o Carballo Interplay ou o Chanfaina Lab de San Sadurniño, enumerou.
Potencialidade de futuro
O director da Agadic referiuse á extensa carteleira de case un centenar de títulos nacionais e internacionais postos ao servizo da reivindicación do xénero da curtametraxe a través do FICBueu, da súa calidade e diversidade actuais e da súa potencialidade e valor de futuro. Entre eles, destacou especialmente os traballos realizados por galegos ou de produción galega que se reúnen na sección especial Galicia R programada para o sábado 8 de setembro, xa que conforman dixo- unha selecta e representativa mostra da produción de curtas que se dá hoxe en día na nosa Comunidade. Trátase de Aysha, de Fon Cortizo, A muller invisible, de Noemí Chantada, The Neverending Wall, de Silvia Carpizo; Plus Ultra, de Helena Girón, e a multipremiada Matria, de Álvaro Gago.
Na sección oficial internacional concorren 22 títulos, que entran na competición polos galardóns do festival. Ademais do apartado dedicado á produción galega, que contará coa presenza en coloquio dos protagonistas e artífices dos títulos proxectados, o resto das curtas do FICBueu agrúpanse baixo os epígrafes España, Escolas, Xuvenil, Infantil, Escolas e Panorama.
Programación complementaria
Á parte da extensa carteleira de proxeccións, o FICBueu ofrecerá charlas-vermú cos críticos cinematográficos Jordi Costa, Jara Yáñez, Sergi Sánchez e Manu Yáñez; conferencias sobre fotografía e efectos de son; o espectáculo Xogando coa luz (unha proposta artística multisensorial ambientada no mundo do cinema que correrá a cargo dos ilustradores Luis Davila e Marc Taeger); un monólogo especial de Carlos Blanco acompañado pola comparsa local Vou nun bou; un contacontos de cinema con Olalla González; ou o show ao vivo De Galicia a Holywood: salto ou esforzado arrastrarse? protagonizado polo director Rodrigo Cortés, o escritor Juan Gómez-Jurado e o humorista Arturo González-Campos, entre outras actividades.
A inauguración oficial do festival será este venres no Centro Social do Mar, espazo que acollerá a meirande parte da carteleira. O acto iniciarase coa actuación nos exteriores da banda The Alley Stompers, seguerá coa proxección de pezas realizadas no ámbito da área social e rematará co concerto de Xoel López. Os recitais de De Vacas, de Radio Bulebule e da banda de Música Artística de Bueu completan o programa musical.
Ademais, o FICBueu outorga este ano os seus premios de honra á actriz galega Mabel Rivera, ao realizador ourensán Rodrigo Cortés e ao cineasta finlandés Juho Kousmanen.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.