
Unha receita coa que teñen acadado o éxito ao longo destes catro anos e coa que procuran rachar con clixés como o do machismo, asociado ao reguetón.
O vindeiro sábado, na Praza Central do Gaiás, Tremenda Jauría presentará, a partir das 21 horas, o seu último traballo Codo con codo (2018) no escenario Alhambra, ao que a formación se subirá co compromiso de facer bailar, á vez que espertar sororidade, solidariedade e conciencias. La Sincereza Pincha Cumbia recollerá este ánimo festeiro e estes ritmos tropicais na sesión Dj que celebrará a continuación, cortesía da Cantina do Gaiás, para alongar o derradeiro solpor musicado deste 2018. Para facilitar que se poida gozar desta pinchada musical, o último autobús urbano de baixada da Cidade da Cultura ao centro de Santiago de Compostela pasará das 23 horas ás 00.30 horas.
Música afroamericana e francomarroquí
No entanto, antes da derradeira sesión de despedida de Atardecer no Gaiás 2018 quedan por gozar esta semana ‒o xoves e o venres‒ dúas propostas con estilos moi diferentes, pero que coinciden nos rexistros únicos das súas voces: a de Paula Valls e a de Walead Ben, da banda N3rdistan.
Din que cando Paula Valls canta, a súa voz fai estremecer a quen ten o pracer de escoitala. A voz e as melodías desta rapaza catalá de só 18 anos transpiran jazz e música afroamericana en cada un dos seus acordes. Unha pequena gran xoia para musicar o solpor do xoves, día 16, con seu último traballo I AM, moito más intimista que o seu impresionante debut con Black and White. Estará acompañada de David Soler (guitarra e dirección
musical), Oriol Roca (batería), Miquel Sospedra (baixo) e Daniel Ferrer (piano).
Camiño ao Gaiás nocturno
Ademais, este xoves, ao rematar o concerto, arranca tamén a derradeira andaina nocturna da actividade Camiño ao Gaiás deste 2018 e que permitiu este verán descubrir o patrimonio natural, arquitectónico e histórico de Compostela, a través da ruta que une a Cidade da Cultura co casco vello. Deste xeito, a xente que participa nesta sesión ‒para a que aínda quedan prazas‒ pode achegarse antes ao concerto para fialo, a continuación, con esta actividade relaxada e á noitiña.
O venres día 17 será a quenda de N3rdistan. Esta banda franco-marroquí repensa e mestura culturas, estilos e instrumentos, viaxando desde o hip-hop, rap, ao electro-rock e ás melodías árabes máis tradicionais, a través da voz fascinante de Walead Ben. Unha descuberta que cativará o público coas súas melodías encantadoras, cancións místicas e letras comprometidas.
Deica logo aos solpores musicados no Gaiás
En cidadedacultura.gal pódese consultar máis polo miúdo toda a información destes tres concertos co que Atardecer no Gaiás se despide tras 21 actuacións nun ciclo xa consolidado na axenda do verán de Galicia e que permite, cada ano, estar ao día da actualidade musical internacional e tamén da galega, que conta cada edición cunha importante presenza como demostraron as actuacións de A Banda da Loba, Oh! Ayatollah, Mordem, David Vázquez, a Banda Artística de Merza, Nastasia Zürcher, Silence Lovers Club e Baiuca.
A actividade, organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, contou coa colaboración do Inaem e o patrocinio de Cervezas Alhambra.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.