Noticias

Letras Galegas 2018: Fina Casalderrey y Ana Acuña presentan Camiñadas con María Victoria Moreno por las calles de Pontevedra

Las autoras diseñaron un itinerario principal, una versión reducida y otra ampliada disponibles en una publicación digital que incluye también una breve biografía de la vida de María Victoria Moreno antes de llegar a Pontevedra, y una cronobiografía. El recorrido parte de la ponte de la avenida de Vigo (la calle en que siempre vivió), cuya inauguración en 2006 fue un homenaje póstumo la esta vecina ilustre.

Nota de prensa de la Real Academia Galega:

María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963 e desde entón estableceu o seu fogar en Pontevedra, onde viviu ata o s eu pasamento en 2005. Moitos son os espazos desta cidade que marcaron o seu día a día, e tamén a súa obra. A través deles é posible trazar un itinerario pola traxectoria vital da autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018, e tamén pola evolución do municipio nas últimas décadas. Este foi o reto que asumiron a escritora e académica Fina Casalderrey e a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, autoras das Camiñadas con María Victoria Moreno, un proxecto posto en marcha ao abeiro da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que botou a andar o pasado 6 de abril.

Fina Casalderrey, natural e veciña de Pontevedra, foi a encargada de guiar a primeira destas camiñadas, abertas a todas as persoas que desexen participar nalgunha delas. Para poder facelo, só é preciso comunicalo previamente no correo electrónico normalizacionlingüistica@pontevedra.eu ou no teléfono 986 804300, extensión 7107.

As autoras deseñaron un itinerario principal, unha versión reducida e outra ampliada dispoñibles nunha publicación dixital que inclúe tamén unha breve biografía da vida de María Victoria Moreno antes de chegar a Pontevedra e unha cronobiografía. O percorrido parte da ponte da avenida de Vigo (a rúa en que sempre viviu), cuxa inauguración en 2006 foi unha homenaxe póstuma a esta veciña ilustre: nesta estrutura pode lerse unha das frases que ela puxo en boca de Xulia Andrade, a protagonista de Anagnórise: "As persoas estamos feitas para levar a cabo os proxectos máis fermosos". "Esta frase cumpriuse en María Victoria Moreno, pois, como intentaremos mostrar neste roteiro, converteu en realidade grandes proxectos para o país", expoñen as autoras.

Desde este punto de saída, o paseo transcorre polos lugares que formaron parte da vida diaria da escritora e profesora: desde os edificios onde viviu, os institutos Torrente Ballester e Valle-Inclán, onde impartiu docencia; Campolongo e a beira do río Gafos, onde adoitaba ir pasear cos seus cans; a rúa Andrés Muruais, onde en 1973 abriu con outros oito socios e socias a libraría Xuntanza; ou o Casino de Pontevedra, onde se converteu ese mesmo ano na primeira muller en impartir unha conferencia (sobre Galicia e Federico García Lorca), ata a praza da Ferrería, arredor da cal se atopan distintos cafés e bares nos que María Victoria Moreno se xuntaba coas amizades.

As Camiñadas con María Victoria Moreno súmanse ás xa realizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística sobre outros autores das nosas letras como Castelao, Pintos ou Sarmiento. Co gallo do Día das Letras Galegas dedicado á autora, o departamento tamén traballa nun documental que recolle testemuños que retratan a súa personalidade e a súa obra. A peza audiovisual estrearase o xoves 26 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.

Fotografía: Real Academia Galega (de Ana Seoane, ilustradora de la publicación)

R., 2018-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (ensino-edixgal.jpg) Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.

Notas

Galicia prepárase para acoller a edición máis expansiva do festival Pint of Science, que este ano se celebrará de xeito simultáneo en 14 localidades galegas do 18 ao 20 de maio. O evento, que busca sacar a ciencia dos laboratorios e levala ao ambiente distendido dos bares, marca un fito en 2026 ao consolidar a súa presenza tanto nas sete grandes cidades como en concellos do rural e vilas de toda a xeografía galega.
Este mes de maio o campus de Ourense acolle a celebración dun ciclo dedicado a Edgar Neville, 'unha das figuras máis singulares e poliédricas do cinema español'. A iniciativa, froito da colaboración da Vicerreitoría do campus e o Ourense Film Festival (OUFF), está composta por catro proxeccións, unha cada xoves de mes, de obras cinematográficas deste autor, cuxa produción abrangue dende o fantástico ata a comedia costumista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES