
Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):
A Academia colabora neste acto organizado polo Concello de Bergondo e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo para recordar a quen foi unha das escasas autoras femininas e feministas da Galicia de finais do século XIX. A autora convertérase nos anos oitenta do século XIX nunha das voces principais que se fixo oír en defensa das mulleres desde o galeguismo, unha postura que mantivo como oradora e tamén na súa obra escrita. Exemplo dela é o poema "En defensa das mulleres", premiado en 1887 no certame literario convocado en Ourense e recollido catro anos despois en Follatos.
A homenaxe a Filomena Dato terá carácter interxeracional. Tras as intervencións do párroco Rubén Aramburu, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, a poeta e editora Dores Tembrás, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, alumnas e alumnos de 2º da ESO do CPI Cruz do Sar lerán poemas da escritora. A celebración rematará co descubrimento dunha escultura na honra de Filomena Dato asinada por Francisco Escuredo e a interpretación do Himno galego a cargo de José Otero López.
O acto terá lugar a partir das 11:15 horas no camposanto de Moruxo, onde Filomena Dato foi despedida en 1926 nunha cerimonia á que acudiron destacados membros da vida cultural e política daquel momento, entre eles o presidente da RAG e o alcalde da Coruña.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.