Noticias

La Real Academia Galega (RAG) propone a Ana Romaní para cubrir el sillón vacante por el fallecimiento de Xohana Torres

La Real Academia Gallega (RAG) someterá a votación en el próximo Pleno ordinario la candidatura de Ana Romaní para cubrir el sillón vacante por la muerte, el 12 de septiembre de 2017, de la académica de número Xohana Torres. La propuesta, la única presentada para ocupar este sillón, fue oficializada en el Pleno de la institución cultural gallega.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A vacante fora proclamada o 6 de outubro no primeiro Pleno ordinario celebrado tras a morte de Xohana Torres, de acordo co establecido no Regulamento de réxime interno da Real Academia Galega. As candidaturas de novos membros de número poden presentarse por escrito ata 24 horas antes do Pleno posterior ao da proclamación de cada vacante e cada unha delas debe estar avalada pola sinatura de tres académicos de número. Unha vez oficializadas, procédese á súa votación na seguinte xuntanza ordinaria.

Ana Romaní (Noia, 1962) dixire desde o ano 1990 o programa decano da información cultural diaria da radiodifusión galega, o Diario Cultural da Radio Galega, que é tamén un dos máis veteranos da radiodifusión española no seu eido. O seu labor fíxoa merecedora de distintos premios xornalísticos, aos que hai que sumar os galardóns outorgados ao propio programa. Interesada na permeabilidade da radio ás escritas literarias e ás dinámicas de creación contemporánea, desde este espazo nas ondas promoveu proxectos como o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que desde 2006 deu lugar a 41 obras de teatro radiofónico e que propiciou a revisión do xénero; ou De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2013), unha antoloxía poético-sonora con poemas inéditos de 36 poetas arredor de versos de Rosalía de Castro, publicados logo da súa emisión durante un ano.

Como escritora, tras publicar poemas en revistas, en 1987 saíu do prelo o seu primeiro libro de versos, Palabra de mar. O último ata o momento é Estremas, que recibiu varios premios. A súa poética está tamén presente en volumes colectivos e, alén do papel, desenvolveu proxectos vinculados á oralidade do poema e á súa expresión no espazo público da man doutros creadores. O traballo de Ana Romaní abrangue tamén outros xéneros, con títulos como a Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos e un continuado traballo para visibilizar as achegas das mulleres á cultura desde distintos espazos.

No pleno tamén se oficializou a candidatura de Carme Pazos Balado para o seu nomeamento como académica correspondente. A profesora, experta no estudo do léxico galego, foi durante moito tempo peza fundamental do Seminario de Lexicografía da Academia, ao que estivo vinculada durante case 25 anos.

R., 2017-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES