
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Torrado cualificou de moi grave esta situación, xa que ao decidir ocultar a información e optar pola opacidade nos fixeron perder a todos e todas a posibilidade de traer un laboratorio de referencia para o que Galicia está sobradamente preparada. Lembra que a UE comunicou formalmente esta decisión o pasado 17 de maio, ante o que España, que asinou o documento, nin sequera presionou para manter o laboratorio.
O socialista acusou ao presidente da Xunta de intentar mentir para gañar un puñado de titulares, por unha visión pateticamente curtopracista coa conclusión dun ridículo espantoso do goberno galego. O responsable socialista presentará unha batería de iniciativas parlamentarias para esixir que expliquen os motivos polos que mentiron, quen é o responsable e reclamar que depuren responsabilidades políticas.
Julio Torrado lembra que a pesares desta comunicación, o 11 de xullo a conselleira respondía a unha pregunta oral afirmando que o goberno traballaba na candidatura de Galicia e exhortando a non facer debate político. A continuación, o 10 de outubro era aprobada de forma unánime unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para presentar a Galicia como a mellor candidatura para o laboratorio.
A continuación, o 25 de novembro, tiña lugar a citada visita de Feijóo ao Intecmar de Vilaxoán, onde avalaría a candidatura para o laboratorio, que supostamente tería que ser trasladado como consecuencia do Brexit hoxe atópase na localidade británica de Weymouth-.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.