
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o DEA estará centrado nas mellora da economía e dos servizos sociais de Galicia. Sabemos que este Debate do Estado da Autonomía volverá poñer enriba da mesa novas medidas e propostas encamiñadas a mellorar a vida dos nosos veciños. Segundo sinalou, no ADN do Partido Popular de Galicia está a aposta polo crecemento da nosa economía e dos nosos sectores produtivos, por aliviar a carga fiscal sempre que a situación económica o permita cómpre lembrar a redución do tramo autonómico do IRPF, o programa de impostos cero no rural ou a exención do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos- e por mellorar os nosos servizos públicos, cun redoble de esforzos nos últimos anos para mellorar a nosa política social. Cremos que eses son hoxe os asuntos cruciais en Galicia, e estamos convencidos que serán algún dos fíos condutores que propoñerá o PPdeG no Debate que arranca o mércores, engadiu.
Como indicou, o PPdeG volverá exhibir que é un partido que é garantía de estabilidade e de rigor na xestión, cunha maioría absoluta que un ano despois das eleccións autonómicas estarían en condicións de revalidar, porque temos un líder contrastado e recoñecido dentro e fora da nosa Comunidade, un goberno estable cunha maioría parlamentaria que o apoia e un partido unido que inviste todas as súas forzas en intentar solucionar os problemas dos galegos.
Así mesmo, apuntou que neste Debate volveremos a confrontar as dúas realidades políticas da nosa comunidade: Dunha parte, que temos un goberno que non só ten unha folla de servizos que presentar aos galegos, senón que tamén pode ofrecerlles un proxecto de futuro. E da outra, que temos unha oposición que non ten proxecto e non ten futuro. Nese senso, o números dous dos populares galegos lembrou que nos últimos doce meses "na esquerda galega só houbo confrontación interna e ausencia de ideas" e destacou que o que puidemos ver durante as últimas semanas foi un BNG que non ten máis proxecto ca copiar paso a paso a folla de ruta do independentismo catalán, non tendo máis futuro có de seguir batendo os récords dos seus peores resultados da historia; un PSdeG que non ten máis proxecto que o do no es no, a loita interna e a acusación de xogo sucio entre candidatos, e sen máis futuro có de seguir dividido durante anos; e unhas Mareas de Podemos sen máis proxecto có insulto e a descalificación.
Tellado lamentou que, despois de tantos anos e de tantas derrotas electorais, unha parte da esquerda radical de Galicia non teña nada máis que ofrecerlle á sociedade galega ca unha especie de "beirismo sen Beiras". O señor Luis Villares chegou á política vendéndonos un perfil de xuíz, finxidamente moderado para intentar captar máis votantes, remarcou para recoñecer que o que finalmente obtivemos é un líder mediocre que para poder conservar a súa posición ten que intentar imitar ao seu antecesor. Villares quixo ser Beiras, pero resultou parecerse máis a unha versión cativa de Gabriel Rufián.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.