Noticias

La Xunta y el ayuntamiento de Compostela acercan posturas para resolver sus discrepancias sobre la estación intermodal de la capital gallega

En el que el segundo encuentro entre el presidente de la Xunta y el alcalde de Santiago de Compostela, después del que tuvo lugar en el mes de julio, en el marco de la ronda de contactos que mantuvo el jefe del Ejecutivo autonómico con los regidores salidos de las urnas en las elecciones de mayo, Feijóo y Noriega se comprometieron a firmar un convenio a tres bandas, junto con el Ministerio de Fomento, para la intermodal de la capital gallega. La gestión aeroportuaria también se trató en esta reunión calificada de "cordial".

Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde de Santiago e o presidente da Xunta reuníronse no Parlamento Galego, no segundo encontro entre ambos dende a toma de posesión de Martiño Noriega. A xuntanza fora solicitada polo rexedor, para abordar cuestións de vital importancia para Compostela como a estación intermodal, a política aeroportuaria ou a construción da variante de Aradas. O alcalde amosouse satisfeito co resultado da reunión que, segundo sinalou, "se caracterizou polo diálogo fluído e cordial, conseguiu aclarar algúns malos entendidos, e logrou reforzar posicións conxuntas de respecto institucional, como corresponde á capital galega".

Un dos asuntos centrais da reunión deste mediodía foi a futura estación intermodal. O alcalde e o presidente da Xunta acordaron fixar o mes de abril como prazo para definir o protocolo de actuación para esta infraestrutura. Martiño Noriega recoñeceu que a Consellería de Infraestruturas e o Concello teñen diferentes estratexias en relación a este proxecto, pero insistiu en que "o debate sobre a intermodal non está entre o Concello e a Xunta, senón entre a cidade de Santiago e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias,o ADIF). Nesa liña, na xuntanza de hoxe acordouse "urxir ao Ministerio de Fomento a marcar o horizonte da intermodal".

O alcalde compostelán tamén aproveitou a xuntanza para expresarlle a Alberto Núñez Feijóo as demandas do Concello en relación á política aeroportuaria. Nese sentido, Martiño Noriega lamentou que a Xunta "viñera mantendo unha posición de tibieza e moi pouco proactiva, mentres os concellos de Santiago e A Coruña e o Ministerio de Fomento amosaran unha verdadeira vontade de colaboración".

O rexedor compostelán explicou que o presidente da Xunta accedeu a "abrir unha nova vía de diálogo para mudar estas sinerxias", e non descartou a celebración de novas reunións de coordinación entre as tres cidades aeroportuarias, a Xunta e o Ministerio de Fomento.

Martiño Noriega reclamoulle ao presidente da Xunta algún avance no proxecto da Variante de Aradas, aprobado de forma definitiva en 2013 e que tería que estar xa executado. Ao respecto, Alberto Núñez Feijóo comprometeuse a iniciar antes do verán as expropiacións necesarias para executar esta infraestrutura, "necesaria para o Concello, para todo o empresariado e para determinados barrios da cidade. Neste ano 2016, os orzamentos da Xunta reservan unha partida de 700.000 euros para a construción da Variante.

A reunión celebrouse na Área de Goberno do Parlamento Galego, por estarmos en día de sesión plenaria. Foi o segundo encontro entre Martiño Noriega e Alberto Núñez Feijóo dende a toma de posesión do alcalde de Santiago. A primeira reunión celebrárase no mes de outubro.

Fotografía: Gabinete del Concello de Santiago de Compostela

R., 2016-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES