Notas de prensa

Manuel Rodríguez López, no Colexio de Paradela

O venres, 27 de febreiro, celebrouse no Colexio Público de Paradela un acto en lembranza do poeta paradelense Manuel Rodríguez López, co gallo de terse cumprido (13-2-2015) o vintecinco aniversario do seu pasamento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no concello lugués de Paradela nos actos de homenaxe a Manuel Rodríguez López, organizados no marco do Proxecto Manuel Rodríguez López -que impulsan Galicia Dixital e mais a familia do escritor coas colaboracións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Real Academia Galega, do Concello de Paradela e da deputación luguesa- co gallo do 25º aniversario do pasamento do poeta.

O acto central, no que se inaugurou a exposición ‘Manuel Rodríguez López. Emigrante galego-poeta obreiro’ e se fixo un recitado escolar de poemas do autor, desenvolveuse no CEIP San Miguel e contou tamén coa participación do alcalde de Paradela, José Manuel Mato; do director de Galicia Dixital, Antonio Giz; e da viúva do escritor, Irene López.

A continuación, celebrouse unha ofrenda floral no cemiterio municipal, onde está soterrado este poeta, cronista e tradutor falecido o 13 de febreiro de 1990.

A mostra ‘Manuel Rodríguez López. Emigrante galego-poeta obreiro’ regresa a Paradela logo de arrancar a súa itinerancia neste concello e percorrer os de Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Vilalba, Begonte, Sarria, Portomarín e Barcelona. A vindeira parada deste proxecto será Madrid, onde a acollerá a Casa de Galicia a partir do vindeiro 4 de marzo.

----------

Abriuse para os alumnos do colexio a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego-poeta obreiro” que, dentro do Proxecto Manuel Rodríguez López, ten xa sido presentada en Lugo, Santiago, A Coruña, Vilalba, Begonte, Sarria, Portomarín, Barcelona, e mesmo en Paradela onde comezou o seu percorrido itinerante. Nesta ocasión, a exposición acode ao Colexio da capital do concello, onde todos os alumnos recibien cadanseu exemplar da Antoloxía poética de Manuel Rodríguez, xunto co folleto que recolle íntegros os contidos da exposición.

O proxecto Manuel Rodríguez López, impulsado por Galicia Digital xunto coa familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Deputación Provincial de Lugo-Vicepresidencia 1ª, Xunta de Galicia e Real Academia Galega.

A exposición itinerante, despois de permanecer varios días no colexio de Paradela, viaxará a Madrid, onde será inaugurada na Casa de Galicia, o 4 de marzo.

NotaNo acto do Colexio de Paradela, estaba prevista a asistencia do Secretario Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, do Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; o director de Galicia Digital, Antonio Giz; a viuva do escritor, Irene López; o Director do colexio, Orlando Fernández, e alumnos do Centro leerán poemas de Manuel Rodríguez López. Desde hai anos, os alumnos deste centro leen poemas do autor no acto de entrega de premios do Certame literario do Concello de Paradela, que leva o nome do que é fillo predilecto do Concello e da nome á Casa da Cultura, que neste ano acada a súa XX edición.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (as-miradas-de-isaac.jpg) O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura bota a andar hoxe as visitas didácticas a través de videoconferencias para explicar e dar a coñecer a exposición As miradas de Isaac aos centros escolares. Neste intre, xa están inscritos preto de 30 colexios. No entanto, a previsión é que, a través da 70 emisións en liña programadas ata o 26 de marzo, sexan máis de 2.000 rapaces e rapazas os que poidan afondar –sen necesidade de saír da aula– na vida e proxectos dunha figura tan importante para a historia da cultura galega do século XX como foi Díaz Pardo.
Foto de la tercera plana (vivenda.jpg) O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias. Durante a sinatura, Feijóo aseverou que se dá así un paso adiante fundamental, consensuando as prioridades co sector e cos consumidores, dentro do Observatorio Galego de Vivenda. Estruturado en catro liñas estratéxicas e con preto de medio cento de accións que combinan medidas implantadas con 12 iniciativas novidosas, o titular da Xunta subliñou que para acadar todos os obxectivos prevese un investimento directo duns 433 millóns.

Notas

O ano pasado caracterizouse por ser un ano lixeiramente seco e dos máis cálidos das últimas décadas. Esta é a principal conclusión do balance realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada no que respecta ás temperaturas, con mínimas extremadamente cálidas, e máximas e medias moi cálidas.
Profesores e investigadores de dez universidades españolas debaterán os días 26 e 27 de xaneiro, a través da plataforma virtual Teams, sobre os valores e tendencias dos medios audiovisuais de comunicación públicos europeos na actualidade. Ao longo das dúas xornadas, as persoas participantes abrirán o debate presentando o avance dos seus estudos, expoñendo temas relacionados coas tendencias, os retos, o financiamento, e o valor do servizo público europeo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania