Notas de prensa

O pedagogo Francesco Tonucci falou do alumnado competente para a vida

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, presentou a intervención do prestixioso pedagogo Francesco Tonucci titulada O alumnado competente para a vida, no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou no Gaiás unha conferencia do prestixioso pensador, pedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, introduciu a intervención ‘O alumnado competente para a vida’ que tivo lugar no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia e que contou coa asistencia duns 300 profesionais da educación.

Francesco Tonucci é un dos persoeiros máis destacados no mundo da pedagoxía e da investigación sobre a educación. É investigador do instituto de Psicoloxía do Consello Nacional de Investigacións de Roma desde 1966. Dedicou case toda a súa vida profesional ao estudio do desenvolvemento cognitivo dos nenos, do seu pensamento, do comportamento infantil no ámbito familiar, escolar e cidadán, á relación que existe entre o desenrolo cognitivo e os métodos educativos, e á relación entre os nenos e a televisión.

Desde finais dos anos 70 alternou o seu traballo de psicopedagogo co de debuxante, asinando as súas viñetas, nas que plasmaba a realidade educativa, como Frato. Entre os seus proxectos de investigación destacan ‘Os museos para nenos’ ou ‘A cidade dos nenos’. Unha das súas facetas máis destacadas é a defensa dos dereitos dos nenos e nenas, polo que en 1997 foi nomeado presidente do ‘Comité Italiano de Televisión e Menores’, dedicado á protección infantil. Participou en centos de conferencias co fin de contribuír a unha mellora substancial da actividade cotiá das escolas. Entre a súa bibliografía destaca ‘A escola como investigación’ (1976), ‘Como ser neno’ (1985), ‘Con ollos de mestre’ (1995), ‘Cando os nenos din ¡basta!’ (2003), ou ‘A maquinaria escolar’ (2008).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES