A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converte o Museo Centro Gaiás nun escenario onde gozar da música cos cinco sentidos a través dun novo ciclo de concertos: Pel de galiña. A israelà Noa xunto a Solis String Quartet, Silvia Pérez Cruz e Javier Colina TrÃo, a pianista Gabriela Montero, a voz de UxÃa Senlle e Gregory Porter compoñen un cartel marcado pola diversidade de estilos pero unido por un denominado común: ofrecer música que emociona.
O Museo Centro Gaiás converterase asà durante cinco noites nun escenario aberto á fusión, ritmos suxerentes, voces poderosas e cálidas e sons únicos. Cinco actuacións que van directas á pel, que trascenden de estilos e xéneros e pensadas para saborear sen présas.
Co ciclo Pel de Galicia, a consellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa afondando na configuración dunha programación para o Gaiás aberta a todos os públicos e ás máis diferentes disciplinas artÃsticas. Un programa cultural que non serÃa posible sen as aportacións da Fundación privada Gaiás, que financia as actividades que teñen lugar na Cidade da Cultura.
Estrea o 21 de maio
A estrea de Pel de galiña terá lugar o vindeiro martes 21 de maio coa voz inigualable da cantante isaelà Noa que chegará ao Gaiás en compañÃa do cuarteto de cordas napolitano Solis String Quartet. O canto de Noa enriquécese, deste xeito, cunha nova paleta de cores e sentimentos que dan lugar a cancións vibrantes e emocionantes: cancións iemenÃs con saber napolitano nunha deliciosa homenaxe á cultura mediterránea.
Silvia Pérez Cruz
A segunda data será o 8 de xuño, cando o Museo Centro Gaiás reciba a Silvia Pérez Cruz, a gran rebelación do pasado 2012, gañadora dun Goya á mellor canción pola súa saeta na pelÃcula Blancanieves e que co seu primeiro disco en solitario, 11 de novembre, conseguiu que suspiren ao unÃsono crÃtica e público exquisito.
Silvia Pérez Cruz tamén estará acompañada no escenario, neste caso por Javier Colina, un dos mellores e máis celebrados contrabaixistas actuais, co que presentará En la imaginación, un traballo no que revisan clásicos da música cubana. Ao feliz encontro de ambos os dous talentos súmanse Albert Sanz ao piano e Marc Miralta á baterÃa.
Gabriela Montero no DÃa da Música
O 21 de xuño, o Gaiás celebrará o DÃa da Música ao son dunha das mellores pianistas do momento: Gabriela Montero. Entregada no escenario, cunha imaxinación inesgotable e amante do risco ante as teclas, a pianista venezolana demostrará no Gaiás por que a consideran un soplo de aire fresco no mundo da música clásica.
UxÃa pon a nota galega
A nota galega correrá a cargo dunha das mellores voces da escena musical galega: UxÃa. Ben acompañada dos músicos Sérgio Tannus, Xoan Porto e Paulo Silva, UxÃa contará coun convidado de luxo: o fadista António Zambujo. Baixo o nome UxÃa meu canto, sempre, o espectáculo que terá lugar o 12 de xullo ofrecerá unha selección dos grandes temas dunha das grandes voces galegas. Cancións apegadas á música tradicional, cun tratamento innovador e persoal a cargo dunha UxÃa máis contida e profunda ca nunca.
Clausura con Gregory Porter
Pel de galiña terá unha clausura o 26 de xullo á altura do seu nome: Gregory Porter, considerado como unha das voces máis brillantes e persoais do jazz actual. Cunha visión do mundo propia e temas dunha enorme intensidade emocional, o público despedirá este ciclo de música no Museo a ritmo de jazz, blues, góspel e soul co que deixar máis que un bo sabor de boca.
Entradas desde 10 euros
As entradas para os cinco concertos xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e a través de www.servinova.com. Os prezos oscilarán entre os 10 euros na Zona B e os 12 na Zona A, prezo ao que haberá que sumarlle os gastos de xestión no caso de que se adquiran no portal de Servinova. As entradas tamén poderán adquirirse o mesmo dÃa do concerto desde as 19:00 horas na billeteira do Museo Centro Gaiás a un prezo de 12 euros na Zona B e de 14 euros na Zona A.
A Cidade da Cultura tamén pon a disposición do público o pack3, polo que se poderá mercar tres entradas para un mesmo concerto gozando dun desconto aproximado dun 30 por cento: 21 euros na Zona B e 27 euros na Zona A. Este pack3 só estará dispoñible en venda anticipada a través do teléfono 902 504 500 e consumible nun único concerto.