Notas de prensa

Más de 100 representacións achegan a figura de Vidal Bolaño polas Letras Galegas 2013

Máis de 100 representacións da obra de Vidal Bolaño, concursos, actividades de dinamización lingüística e de promoción e difusión da obra bolañana en todos os niveis educativos, cine, e novas edicións e estudos, completan o groso do programa RVB 2013.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou no Salón Teatro a programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2013, dedicado a Roberto Vidal Bolaño. Un autor enteiramente entregado ao teatro que, en palabras de Vázquez Abad, foi “un anovador esencial, un punto e aparte que marca un novo xeito de abordar un xénero e unha profesión, un autor único e memorable” esencial para a historia do noso teatro.

Máis de 100 representacións teatrais levarán a obra de Vidal Bolaño ás principais vilas e cidades da nosa comunidade, actualizando a mensaxe dramática creada polo xenial autor santiagués. Trátase de obras de produción propia, coprodución e teatro universitario. Ao respecto do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, o conselleiro afirmou que “Vidal Bolaño é para o teatro de nós o que Lois Pereiro é para a poesía: un anovador esencial, un punto e á parte que marca un novo xeito de abordar un xénero e unha profesión, e un autor único e memorable.” No acto participaron tamén a viúva de Vidal Bolaño, Belén Quintáns; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede. Tamén asistiu, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Por primeira vez, o Centro Dramático Galego dedicaralle toda a súa actividade anual á obra do autor compostelán. O eixo da programación é a obra Días sen gloria. Dirixida por Fefa Noia e cun elenco que reúne a protagonistas da nosa escena como Manuel Manquiña, Eva Souto, Borja Fernández, Felisa Segade ou Sergio Zearreta, Días sen gloria é dunha das obras máis senlleiras e audaces da produción de Vidal Bolaño.

No marco das coproducións teatrais que levará a cabo o CDG, a Xunta de Galicia programa ‘Criaturas’, o emblemático texto de Roberto Vidal Bolaño da man de Teatro do Aquí; e ‘BailadELAS. Seis mulleres bolañesas’ do CDG e o Teatro do Antroido, unha estrutura teatral que reivindica o universo feminino do autor. Para os máis pequenos o CDG coproduce con Teatro do Noroeste e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ‘Touporroutou da lúa e do sol’, unha das obras bolañanas de maior calidade escénica.

O teatro universitario supón tamén unha importante achega para a conmemoración, ao que desde a Consellería se lle apoia no proceso de distribución. Cómpre falar, neste caso, das adaptacións de ‘Animaliños’ (Aula de Teatro da USC), da obra ‘A burla do galo’ (Aula de Teatro da UDC) e de ‘Vidal Bolaño 2013’ (Aula de Teatro Universitario de Ourense), un espectáculo este último que aglomera algunhas das pasaxes máis destacadas das creacións bolañanas.

Audiovisual e novas edicións

O ámbito cinematográfico, tan evocado nas obras de Vidal Bolaño, terá un espazo destacado na programación. O programa ‘Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais’ divulgará as gravacións das súas representacións históricas no Salón Teatro de Santiago. à saída destas e outras representacións que o Salón Teatro prepara para 2013, o público que asista poderá participar e optar ao ‘Premio Roberto Vidal Bolaño ao espectador’, no que se elixirá aquel comentario máis enxeñoso, brillante e audaz. O gañador recibirá as obras completas de Vidal Bolaño e un abono anual ao Salón Teatro. Ademais, o CGAI proxectará o vindeiro 18 de maio o filme de Gustavo Balza sobre o texto de Vidal Bolaño, ‘Doentes’ (2011).

No eido bibliográfico, a Xunta de Galicia colabora con catro novas edicións que lle dean lustre as pezas máis relevantes de Roberto Vidal Bolaño. ‘Doentes’, ‘Obras completas de Roberto Vidal Bolaño’, ‘Un chapeu negro e un nariz vermello’ e ‘Cadernos de Ramón Piñeiro. Volume XXV: Roberto Vidal Bolaño. Escritos propios sobre o teatro (posicións e teoría)’ serán os títulos que sairán ao prelo ao longo de 2013.

RVB en escolas e bibliotecas

No referente ás rapazas e rapaces galegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca un concurso que editará os carteis gañadores elaborados por alumnos e profesores para a súa exposición nos centros educativos de Galicia. Actividades dos equipos de dinamización, a ‘Festa da Lingua’ da Federación de Relixiosos do Ensino de Galicia, actos diversos en 38 universidades de fóra de Galicia, un ‘brincaletras’ no Espazo Abalar ou a elaboración e posta en marcha dunha unidade didáctica sobre ‘Días sen gloria’ son outras das moitas iniciativas que terán lugar nas escolas galegas.

Con ampla vocación divulgativa pensouse a mostra itinerante que, de maio a decembro, percorrerá 12 cidades e vilas de Galicia. A mostra, desenvolvida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración da Consellería, ofrece unha panorámica da obra do dramaturgo a través das súas personaxes, imaxes e textos. Un percorrido pola vida e obra de Vidal Bolaño que é, ao tempo, un achegamento á historia do teatro profesional na nosa terra.

O 17 de maio será de novo unha gran festa para as bibliotecas de Galicia. Nesa data de celebración das nosas letras, Manuel Manquiña ofrecerá na Cidade da Cultura de Galicia unha intervención sobre os textos de Bolaño para, a continuación, dar paso a un concerto do grupo Resonet sobre os poemas de Rosalía. As bibliotecas nodais de Galicia ofertarán distintas actividades no mes de maio distribuídas entre os centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Sobre este aspecto, Vázquez Abad incidiu na importancia das actividades didácticas e de adquisición de hábitos de consumo cultural. “Cómpre lembrar a importancia de actuar intensamente no eido educativo para a adquisición de hábitos de consumo cultural e aprecio polas expresións culturais propias”, dixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES