A Illa de San Simón acolle ata o 12 de abril unha residencia de intercambio entre alumnado de Música da Universidade de Poitiers, en Francia, e mais músicos e profesorado do Centro Cultural e Deportivo de Cesantes. O intercambio enmárcase na iniciativa Voz da Travesía, un proxecto europeo que conta coa participación de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que se basea na posta en valor da tradición oral como elemento de unión entre os pobos.
Co obxectivo de favorecer a relación da contorna redondelá de San Simón con outros lugares de Europa, a primeira fase das actividades consiste nun traballo de campo con recollida de experiencias e tradicións orais na que participarán os artistas Antonio Placer (Galicia) e Jakes Aymonino (Aquitania-Francia), en colaboración co Centro Cultural e Deportivo de Cesantes.
Xunto coa residencia que se desenvolverá na Illa de San Simón, os días 9 e 10 de abril pola mañá programaranse tres concertos didácticos no multiúsos da Xunqueira de Redondela, que correrán a cargo do alumnado francés e que están dirixidos a estudantes deste concello pontevedrés. Ademais, o xoves pola tarde realizarase outro concerto no Centro Cultural e Deportivo de Cesantes.
Creación artística e intercambio cultural
O proxecto Voz da Travesía, que se centra na creación artística e nos intercambios culturais, percorre Galicia e as rexións de Bruxelas (Bélxica) e de Aquitania (Francia), tres territorios conectados polo Camiño de Santiago. A acción do proxecto cofinanciado polo Programa Cultura 2007-2013 e que se desenvolverá ata maio de 2014 é múltiple e inclúe a recollida de testemuños de vida, residencias de artistas, espectáculos, seráns abertos, accións no ámbito escolar, formación nas artes da oralidade, sesións estivais de creación para adolescentes, exposición sonora, espectáculos itinerantes, etc.
A posta en marcha destas iniciativas ten entre os seus obxectivos desenvolver e difundir os saberes vinculados coa memoria colectiva en Europa e no exterior, favorecer prácticas artísticas creativas e interdisciplinares, mesturar prácticas profesionais e afeccionadas a través de creacións colectivas así como empregar o relato oral e a tradición popular falada e cantada como instrumentos de coñecemento do propio e do outro.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.