Notas de prensa

Preséntanse os XXII Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia

O Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela acolleu o acto, no que o secretario xeral de Cultura puxo en valor “o traballo imprescindible de todos os que fan posible a promoción e difusión do libro e da lectura en galego”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación dunha nova edición dos Premios Irmandade do Libro, unha iniciativa promovida pola Federación de Librarías de Galicia co obxectivo de recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura desenvolvido por persoas, entidades e institución da sociedade galega.

O acto tivo lugar no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, centro premiado en 2009 con estes galardóns, e nel o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, agradeceu en nome do Goberno galego “o traballo imprescindible dos que fan posible a promoción e difusión do libro e da lectura en galego, así como o desenvolvemento da nosa cultura”. “Co noso apoio á Federación de Librarías de Galicia, queremos sumarnos a este recoñecemento múltiple para todas as persoas e entidades que levan a cabo un destacado labor arredor do libro e da lectura”.

Xunto con Anxo Lorenzo tamén participaron no acto a presidenta e o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez e Xosé Antón Pedreira, respectivamente; o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; e a concelleira de Cultura de Monforte, Pilar Rodríguez.

Recoñecemento múltiple

Na súa vixésima segunda edición, os Premios Irmandade do Libro artéllanse nas modalidades de librería, autor/a, libro do ano, centro de ensino, obra editorial e fomento da lectura. Os gañadores deste ano recibirán un diploma acreditativo e mais cadansúa escultura de bronce, da autoría de Ismael López Fernández. O próximo día 20 de abril, o concello de Monforte de Lemos acollerá a entrega destes galardóns, no marco dun acto que terá lugar na Casa da Cultura.

A localidade monfortina tamén será este ano un dos escenarios das Feiras do Libro de Galicia, iniciativa que promove a Federación de Librarías coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura. Segundo explicou Anxo Lorenzo, a Consellería de Cultura e Educación reforza este ano as Feiras do Libro co seu apoio a catro citas máis que en 2012, concretamente as de Monforte de Lemos, Pontevedra, Foz e Rianxo.

Ademais, as feiras tamén chegarán en 2013, entre os meses de abril e de agosto, á Coruña, a Santiago de Compostela, a Vigo, a Ourense, a Viveiro, a Lugo e a Ferrol. Nesta última cidade será onde bote a andar a nova edición das Feiras do Libro de Galicia, o 19 de abril.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES