Notas de prensa

Celébrase o Día Mundial da Poesía co espectáculo: Despois de ti, a chuvia

O concerto-recital ofrece a poesía elegante e sinxela de Xosé Carlos Caneiro á que Emilio Rúa, acompañado de José Gayoso, lle pon música. “Despois de ti, a chuvia” celébrase o 21 de marzo ás 19 horas no Centro de Innovación Cultural do Gaiás.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cidade da Cultura celebran o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía co espectáculo Despois de ti, a chuvia, un exercicio escénico que ganduxa a arte de dous mestres das letras e da música: Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.

Despois de ti, a chuvia é un proxecto conxunto de Xosé Carlos Caneiro –poeta, escritor e xornalista– e o músico Emilio Rúa. Poesía sinxela e elegante, coa particular visión do mundo e das cousas cotiáns de Caneiro, á que Rúa lle pon música de xeito doce e coidado. Na Cidade da Cultura, ambos os dous estarán acompañados polo músico José Gayoso.

O Centro de Innovación Cultural do Gaiás será o escenario que acolla este concerto-recital no que se sucederá unha mestura de sensacións e emocións que, segundo a segundo, e nota a nota acadan conmover ao espectador. O espectáculo dará comezo ás 19 horas e a entrada será libre e de balde ata completar o aforo.

Un proxecto trasladado ao directo

“Despois de ti, a chuvia” concibiuse orixinalmente como un proxecto editado en disco-libro por Francisco Castro (Editoral Galaxia) co apoio da CRTVG. O proxecto cobra agora vida, saltando do DVD ao directo, cunha xira de actuacións por diferentes teatros e salas de Galicia. Unha xira que contará cunha parada especial no Gaiás e que servirá para celebrar con todos os galegos e galegas o Día Mundial da Poesía.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES