A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, acompañada das Concelleiras de Benestar Social e Cultura do Concello de Lugo, Ana González Abelleira e Carmen Basadre, respectivamente, inaugurou na Capela de Santa María a mostra 8Mulleres, unha exposición colectiva que recolle 40 traballos de 8 artistas que comparten o feito de ser mulleres e novas, e que a Deputación de Lugo organiza como parte dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller. Durante a inauguración, as propias artistas ofreceron un variado espectáculo, no que combinaron artes como a poesía e a música en vivo, a cargo de Silvia Viñas.
Tal e como destacou Polín na súa intervención, malia que os logros teñen sido moitos, despois de tantos anos o día 8 de marzo segue a ser un día de reivindicación, cando debería selo de celebración. A Deputada fixo referencia, entre outros, a datos que amosan o retroceso que os recortes supoñen para a poboación feminina: o notable incremento do desemprego entre as mulleres con respecto ós homes; as diferenzas salariais; a Lei da Dependencia; o progresivo desmantelamento do sistema sanitario ou as dificultades para a conciliación da vida familiar e laboral que trouxo consigo a reforma laboral vixente, foron algúns dos exemplos citados pola responsable de Deseño e Artesanía. Sen igualdade non hai piares nos que establecer un verdadeiro sistema democrático e xusto, subliñou Polín.
8Mulleres é o nome da exposición que fai referencia ó mesmo tempo ás mulleres e ó día 8 de marzo, data na que se conmemora o Día Internacional da Muller. Trátase dunha exposición multidisciplinar, que reúne 40 traballos realizados con técnicas mixtas por 8 artistas lucenses, coas que ofrecen a súa particular visión do mundo e do papel que elas e o resto de mulleres desempeñan na sociedade actual.
As artistas Olalla Castro, Polo, Sandra Lodi, Lola Tourón, Carmen PG Granxeiro, Eva Méndez, María Mata e Cristina Sánchez Legido presentan o froito do seu traballo en diferentes soportes como vídeo, fotografía, pintura, escultura ou mesmo cerámica e cestaría.
Horarios
Con entrada totalmente gratuíta, a exposición poderá visitarse ata o 14 de abril nos seguintes horarios: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, de 17:00 a 20:00 horas e domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.