Notas de prensa

Exposición Nova obra, de Amador García Giménez, na Casa de Galicia en Madrid

O pintor aragonés de ascendencia galega ofrece na Casa de Galicia en Madrid unha mostra de sentimentos e sonos a través das obras recollidas na mostra titulada Nova obra que pode verse ata o 31 de marzo.

A exposición de pintura "Nova Obra", de Amador García Giménez ocupa dende o 5 ata o día 31 de marzo a Sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid. O artista aragonés, de ascendencia galega, e que actualmente reside nun pequeno pobo da provincia de Segovia, preséntanos unha colección de cadros nos que ofrece os seus sentimentos cunha pintura chea de sonos, seres reais e fantásticos.

A presentación da mostra correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez, quen comentou as súas impresións, tanto dende un punto de vista persoal, como espectador continuo de exposicións. "Experimento dúas sensacións en principio contraditorias ao mirar estes cadros", dixo "A primeira é a da posible angustia que o amontoamento de figuras e chismes nos cadros parece inicialmente producirme, o que vén ademais apoiado polo elevado número de obras que conforman a mostra. E a segunda sensación, que contradí a primeira, é a da paz que me chega, precisamente deste recargamento de obxectos, unha paz antiga, de anticuario, de cachivaches silenciosos amontoados que, sen voz, nos falan doutros tempos".

Para Jiménez, a segunda prevalece sobre a primeira, "tanto pola abundancia dos motivos reflectidos nos cadros coma pola cantidade destes. Todo iso, e sempre como digo dende a miña percepción persoal, converterá a esta sala durante o tempo da exhibición nunha auténtica tenda de antigüidades, sobrevoada, como podemos apreciar, por ese particular pomba da paz que é o lazo. Unha figura esta tamén cun aire antigo xa dentro do mundo da papiroflexia á que pertence, dados os espectaculares avances nesta arte na actualidade".

Chaman especialmente a atención algúns títulos cos que o autor nomea as súas obras, que achegan "a serenidade do tempo ido". Sirvan de exemplo, "Os esquecidos", "O camerino", "Manequín azul", "Recordos dun espello" ou "Bodegón"...

Pola súa banda, Amador García Giménez dixo unicamente que "os cadros viven en función dos ollos que os observan" e polo tanto o seu desexo é que "o fagan a través de vostedes".

Amador García Giménez, naceu en Caspe (Zaragoza) e o seu avó paterno era de Lugo, emigrado a Andalucía, logo a Arxentina, dende onde retornou. Pintor tardío e autodidacta, prodígase pouco en exhibicións e concursos. Algunhas das súas obras encóntranse en libros e enciclopedias como a Enciclopedia Ibérica 2000, o Dicionario de pintores e escultores Españois do século XX, o Libro Del arte no Senado, o Libro Arte en Castela e León, entre outros.

A crítica destacou na produción de Amador a profundidade que alcanza a base de superposicións e expresionistas mesturas cromáticas e tamén o marcado predominio da cor. É ademais un creador de mundos, un artista sensible e virtuoso, cun gran dominio técnico".

Gabinete de Comunicación da Casa de Galicia en Madrid, 2013-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES