
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva ao Gaiás a maxia do flamenco a través dun espectáculo de música e humor para toda a familia: Flamenco Kids.
Tras o éxito da ópera Il Cirque DAmore, o ciclo Brinca Gaiás -co que a Cidade da Cultura pretende achegarlle aos máis pequenos da casa a paixón pola música, a ópera, o teatro ou a danza a través do xogo e a diversión- aposta o vindeiro 10 de marzo polo flamenco. Flamenco Kids ofrécelle a pequenos e maiores un concerto didáctico e ameno onde o flamenco e os sons ancestrais convértense no vehículo estético e rítmico para contar unhas historias protagonizadas por un grupo de amigos do mundo máxico de Quillolandia e que chegarán á alma de todos os nenos.
Aventuras, música e aprendizaxe son os alicerces básicos de Flamenco Kids, un completo espectáculo que se apoia nas bondades do mar Atlántico para, cuns personaxes creativos e unha música de raíces ancestrais, lograr obxectivos educativos a través do xogo.
Entradas xa á venda
O Centro de Innovación Cultural (CINC) será o escenario deste espectáculo pensado para nenos a partir de 3 anos. Flamenco Kids terá lugar o domingo 10 de marzo en dúas quendas: 12 e 17 horas e as entradas xa están á venda en www.servinova.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión ou a 5 euros no Espazo On da Cidade da Cultura. A entrada o mesmo día do concerto poderá adquirirse a 6 euros na billeteira do CINC.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.