Notas de prensa

A Capela de Santa María repasa a historia da olería en Lugo cunha mostra de homenaxe aos cacharreiros lucenses

A mostra inaugúrase o día 30 de xaneiro ás 19:30 horas, cun emotivo acto de homenaxe no que participarán os últimos oleiros tradicionais de Lugo e o doutor García Alén, e no que a poesía e a música terán un papel destacado.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, acompañada por Higinio Flores, comisario da exposición, presentou Pasado e presente da olería en Lugo, organizada pola Ãrea de Artesanía e Deseño na Capela de Santa María. Unha mostra que nace co obxectivo de dar a coñecer a todos os lucenses a rica tradición oleira da provincia e como esta ten influído nos artesáns actuais xa que, tal e como destacou Polín, “o traballo dos cacharreiros lucenses forma xa parte da nosa identidade, e tendo en conta a importancia e o recoñecemento que chegou a acadar máis aló da nosa terra é un patrimonio cultural que non pode desaparecer”

A exposición amosará un total de 140 pezas de olería tradicional das catro comarcas que existían na provincia de Lugo –Gundivós, Samos, Bonxe e Mondoñedo-, a maior parte das cales proceden de coleccións particulares, e entre as que destacan obxectos que ben poderían formar parte de museos pola súa orixinalidade e antigüidade. É o caso de dúas “ámboas”, recipientes para almacenaxe de líquidos e cereais, realizadas en Samos nas primeiras décadas do século XVIII.

Precisamente tendo en conta a intención de dar a coñecer ó público en xeral a extraordinaria importancia e calidade que os artesáns lucenses do barro acadaron, a mostra mantén un marcado carácter didáctico: xunto ás pezas expostas, haberá numerosos paneis explicativos que, con texto e imaxes, facilitarán a comprensión de diferentes aspectos tanto das pezas coma os elementos diferenciadores das catro comarcas oleiras, así coma do traballo destes artesáns. Ademais dos paneis, haberá material audiovisual que facilitará ós asistentes a comprensión do proceso de elaboración empregado polos oleiros de, entre outras zonas, Bonxe e Gundivós.

A Deputada de Deseño e Artesanía aproveitou a ocasión para convidar tanto ás familias lucenses coma ós colexios de toda a provincia a traer “ós mais novos a ver esta exposición, porque será unha ocasión única para que comprendan como eran as cousas antes do plástico, do vidro e da porcelana”

Homenaxe ós oleiros e a García Alén

Pasado e presente da olería en Lugo inaugurarase este mércores ás 19:30 horas na Capela de Santa María, nun acto que se converterá nunha emotiva cerimonia de homenaxe ós oleiros tradicionais que aínda viven e traballan o barro. Nicanor Lombao e Manuel Iglesias, de Bonxe; Carlos Iglesias, de Samos; Agapito González, Obdulia Rodríguez e Daniel Rodríguez, de Gundivós recibirán un merecido recoñecemento coma “artesáns de honra” da provincia, por ser testemuñas dun saber tradicional herdado dos seus antergos e por conservarlo e transmitilo ás seguintes xeracións. Precisamente, esas novas xeracións de artesáns do barro tamén terán o seu momento durante o acto.

Durante a mesma, tamén será homenaxeado Luciano García Alén, o “doutor Alén”, fundador do Museo do Pobo Galego, que adicou gran parte da súa vida a estudar a olería tradicional en Galicia. Feiras, mercados e obradoiros foron algúns dos lugares ós que García Alén percorreu xunto á súa dona e ó fotógrafo e debuxante Xosé Manuel Gómez Vilasó, para recoller información acerca deste antigo oficio, que logo plasmaría en numerosas monografías e nunha monumental obra, “A alfarería de Galicia”, que dende o ano 1983 ata hoxe segue sendo un referente para todas aquelas persoas interesadas na cerámica producida en Galicia.

Ademais da entrega de agasallos e diplomas de recoñecemento, no acto de inauguración da mostra tamén haberá tempo para a música e a poesía. Persoeiros destacados da cultura coma Darío Xohán Cabana, Xosé Otero Canto ou Marica Campo darán lectura a poemas de Manuel María, quen sempre gadou unha intensa relación coa olería e os oleiros, mentres sona a música das cantigas de Afonso X o Sabio, en particular as cantigas número 100 e 77. Esta última é a única que fai referencia a Lugo. Serán interpretadas con pequenas caixiñas de música, réplicas en miniatura das zanfonas do século XIII, elaboradas polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño..

Horarios da exposición

Pasado e presente da olería en Lugo presentada hoxe abrirá as súas portas este mércores, ás 19:30 horas e permancerá aberta ata o 3 de marzo. A horario de visitas da exposición, totalmente gratuíta, será o habitual da Capela de Santa María: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, de 17:00 a 20:00 horas, e domingos, de 11:00 a 14:00 horas.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2013-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES