
A Casa de Galicia acolleu a presentación da segunda edición do libro "Lamazares. Viaxe íntima" de Enrique Beotas, Sergio Casquet e Pedro Sempere, publicado por Quindici Editores e ca colaboración de AENA. No acto, que estivo presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, interveu, ademais do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, tamén o recoñecido artista ao que está dedicada a publicación, Antón Lamazares, que viaxou a Madrid ex profeso dende Berlin, cidade na que reside por longas tempadas dende 2004.
Entre os asistentes, estiveron a secretaria de estado de Presupostos e Gastos do ministerio de Facenda, Marta Fernández Currás; a secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas; o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o deputado coruñés, Juan de Dios Ruano; o maxistrado do Tribunal Supremo, Jesús Souto Prieto, o director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal; o alcalde de Lalín, José Crespo; o presidente de AENA, José Manuel Vargas; o conselleiro técnico do Prado, Matías Díaz Padrón; os artistas Agustina Álvarez, María Carretero e Santiago de Santiago, o arquitecto Julio Touza, o cantautor Amancio Prada e os presidentes e membros das diferentes asociacións galegas en Madrid, culturais e profesionais.
O inicio da presentación foi entre o sons das gaitas, que ofreceu a agrupación musical da Xuntanza de Galegos en Alcobendas.
Nos agradecementos Ónega dirixiu o primeiro á "ministra Pastor, protagonista dos ceos e a terra porque as súas competencias se estenden ao voo dos avións, os trens de alta velocidade, as autoestradas e as estradas, a vivenda e outras moitas cousas así de sinxelas e de leves". Sinalou que sempre saca tempo para vir a esta Casa, "onde nos honra e apoia as nosas actividades coa súa presenza, a súa amizade e afecto". A Beotas, cualificouno como "amigo entrañable, colaborador excelso e promotor da cultura que nesta Casa fomentamos e impulsamos". E en relación a Lamazares, o delegado o definiu como "construtor de espazos sublimes, que sementa emoción coa súa obra. É un xenio e como tal leva polo mundo o espírito de Galicia, a súa terra, o seu soar de nacemento e o seu vento inspirador".
Na súa intervención, Enrique Beotas, seguindo o consello do tamén veterano xornalista Antonio San José, expuxo o "cómo se fixo o libro, baseado en 63 horas de conversacións gravadas con antón Lamazares, debullándoas do A o Z". Beotas destacou que se trata de "un libro honesto, baseado nun artista honesto, que dixo cando o viu: parécese bastante ao que pensó ".
Para Ana Pastor, esta obra é "un dicionario vital" xa que non se trata dunha biografía, nin tampouco dun catálogo coas obras. "É un libro con Antón Lamazares, unha viaxe con él ao seu pensamento, unha crónica sentimental dun rapaz que lía e gozaba do seu ámbito". Pastor fixo un repaso pola vida persoal e profesional de Lamazares, admirador de Van Gogh, Paul Klee, Rembrandt, Miró,Tàpies, Manuel Millares, Alberto Giacometti e Francis Bacon. É "o pintor galego actual máis importante", dixo, e lembrou que en 2010 a Universidade de Santiago de Compostela lle outorgou a súa Insignia de Ouro, a primeira vez, en seis séculos de historia, que concede esa honra a un artista. E tamén a Xunta de Galicia lle entregou a Medalla Castelao, que premia "a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras" como reflexo da entrega e fe "na cultura, na historia e no ser dun pobo".
Pola súa banda, Lamazares, dixo sentirse emocionado polas palabras que lle dedicaron neste acto e tamén gardar "uns gratísimos recordos" de moitas das conversacións mantidas que logo deron lugar ao libro, "produto dun gran traballo". Lamazares rematou dando as grazas por este regalo e co desexo de que "o mundo sexa máis libre e máis ancho para todos".
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.