O Xurado do XXXVII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte, co patrocinio da Caixa Rural Galega, formado por MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor; LUIS LUAÑA CASTELO, Concelleiro de Cultura de Begonte e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro cultural convocante. Por unanimidade acordan conceder os seguintes premios:
Categoría A (Ata 10 anos)
Primeiros premios:
DAVID CENDÁN CRUZ - 10 anos - Colexio de Begonte
CELIA REINO REIGOSA - 10 anos- Colexio de Lourenzá
DAVID RAMIL RODRÍGUEZ - 7 anos- Col. nº1 Foz
Segundos premios:
CLARA RAQUEL DA COSTA PEREIRA, 8 anos. Colexio de Begonte
ANTÍA FERNÁNDEZ RIVAS - 8 anos. Colexio de Lourenzá
SANDRA DÍEZ ALKALDE. 9 anos. Colexio Lois Tobío, de Viveiro´
AINARA LÓPEZ FERNÁNDEZ. 8 anos. Colexio San Miguel de Reinante
ANDREA PIÑEIRO PALACIOS. 10 anos. San Miguel de Reinante
Categoría B (11 a 15 anos)
Primeiros premios:
MAR MARTÍNEZ SARMENTERO, 14 anos. Instituto Vilar Ponte
LARA BARROSO CABALEIRO, 11 anos. Colexio de Lourenzá
LAURA PÉREZ PIÑEIRO. 11 anos. Colexio de Begonte
Segundos premios:
MIGUEL FERNÁNDEZ-LAGO ORIOZBERRO.11 anos. Colexio Lois Tobío de Viveiro
ARANTXA ANERIROS SOLA. 11 anos. Colexio de Cariño (A Coruña)
MÓNICA DÍAZ FRAGA. 11 anos. Colexio San Xosé de Lugo
ADRIÁN OTERO CANDIA.12 anos. Seminario de Mondoñedo
JUAN JESÚS LEDO DASILVA. 11 anos. Colexio de Lourenzá.
Os primeiros premios están dotados con 60 euros e trofeo, e os segundos
con 30 euros e trofeo. Serán entregados o sábado, día 26, ás cinco
da tarde, durante os actos de clausura do Nadal en Begonte.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.