Reúnese o xurado do XXXVII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co patrocinio de Novacaixa Galicia, formado por:
MARCIAL JOSÉ GONZÁLEZ VIGO, escritor
MARIA TERESA CORES FERNÁNDEZ, Directora de Contidos Culturais de Novacaixa Galicia, e
XULIO GIZ RAMIL, no nome da entidade convocante.
Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos, a MADRIGAIS AO NENO, presentado baixo o lema Reino da Terra por XOSÉ OTERO CANTO, de Lugo.
Conceder o segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos, ao poema NATUREZA GALEGA, BERCE CHAIREGO, do que é autor PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ, de Lugo.
Pola calidade do seu traballo, concédese unha MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos, para TINTIRINTÍN (Canto), do que resultou ser
autora ISOLINA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, de Lugo.
A entrega de premios hase efectuar o 26 de xaneiro, sábado, no
decurso dos actos de clausura da edición XLI de O NADAL en Begonte.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.