
En Lugo, na sala de arte da Xunta de Galicia, edificio administrativo,
reúnese o Xurado do XXIII CERTAME GALEGO DE ARTE JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, formado por AURELIA BASEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, pintor; e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro Cultural convocante, sen voz nin voto, que actúa como Secretario.
Examinadas as obras presentadas, acordan por unanimidade emitir o
seguinte fallo:
Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, de pintura, dotado con 1.500 e estatuíña de Sargadelos á obra IMPRONTAS ATEMPORAIS, da que é autora AINHOA PÉREZ SÁNCHEZ NOA PERSÁN- de Lugo.
Conceder, así mesmo, pola calidade das obras presentadas, cadansúa
MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos a:
- FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ, pola súa obra SADA DENDE O OUROVELLO
- JOSÉ MANUEL PEÑA ROMAY de Lugo, pola obra PORTO DEPORTIVO O PARROTE
- CARMEN LOLO POMBO de Lugo, pola obra CATEDRAL DE LUGO.
Os premios serán entregados o próximo 26 de xaneiro, sábado, no decurso
dos actos de clausura da IXL edición de O NADAL EN BEGONTE.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.