Notas de prensa

TEMPOS DE ESPERA, Un novo documental de Manuel P. Barbeito e Carlos Hervella

Despois de Illa de loito ( www.isladeluto.es), o documental que relataba dende o bisel humano a polémica catástrofe do prestige, na Illa de Ons; Manuel P. Barbeito (A Coruña,1966) (1) e Carlos Hervella (Ourense,1968)(2), xúntase de novo para dirixir un novo documental. Tempos de espera, escrito tamén polos dous, relata a histora de catro persoas, ás sus loitas cotiás do día a día para superar as aristas da vida, agardando con elo superar o paro, refacer unha vida maltratada, conquerir papeis para estar legal e superar o cárcere.

Catro historias de persoas que esperan, e nas que tentan gobernar os seus novos sendeiros, ou empezar a camiñar de novo. Este proceso comézase a rodar no mes de setembro e inclue Vigo e Ourense.
A producción corre a cargo de Producciones Vigo, coma no anterior traballo dos dous galegos e conta coa aportación de David Hernández como director de fotografia, José baños, Marta Rodriguez e Rowena Caffrey en Producción.
(1) Manuel P. Barbeito, funcionario, secretario xeral do Cine Clube Padre Feijoo e da A.C. O Espertello, é actor co grupo MARICASTAÑA, con obras como O despertar ou Totem de xira por varias cidades como Lisboa e covilhá(Pt), Mérida, Cáceres, Eibar, Galiza, Teruel, Zaragoza, Cadiz e Casablanca (Marrocos). Ten dirixido e interpretado varias curtas, así como varios guións, destacando Os elefantes rosados,O sinal, Vamos dunha vez a Benidorm. Escribiu tamén como documental sobre os problemas Palestino-Israeli en O raigaño de Balfour, dirixiu o documental Luces perdidas sobre a viaxe do grupos de teatro Sarabela e Maricastaña a Marrocos (en fase de montaxe). Así mesmo con Carlos Hervella codirixiu e escribiu o documental Illa de loito, sobre o desastre do prestige na illla de Ons.
(2) Carlos Hervella, Recibiu formación de actor co grupo Tarumba, sendo actualmente profesor da Escola de Imaxe e Son de Vigo. Impartiu para o Cineclube Padre Feijoo un curso sobre guións, prepara outro sobre producción, materia pola que recibiu un premio AGAPI, por Aínda máis difícil. Interviu nunha serie de documentais sobre enerxias renovabeis para canal +. Actualmente colabora tamén en varias axencias de publicidade.



Rowena Caffrey (productora), 2004-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES