A Casa das Palabras de Guitiriz acolle a exposición Irmáns Suárez PÃcallo
No marco dos XVI Encontros na Terra Chá, dedicados ás Mocedades Galeguistas de Bos Aires, inaugúrase esta mostra que organiza o Ano Cultural dedicado a estes dous irmáns, lÃderes de Galiza na II República, e xornalistas en distintos medios.
O venres 5 de setembro inaugurase a exposición “Irmáns Suárez PÃcallo”, na Casa das Palabras de Guititriz, no entorno dos XVI Encontros na Terra Chá, dedicados ás Mocedades Galeguistas de Bos Aires.
A inauguración van asistir o Alcalde de Sada, Abel López Soto, e membros da Asociación: “Memoria Histórica”, e da Comisión Irmáns Suárez PÃcallo que organiza o “Ano cultural” dedicado a estes dous irmáns, lÃderes de Galiza na II República, e xornalistas en distintos medios. Pois o 14 de outubro, van chegar os seus restos mortais dende Bos Aires, para ser soterrados en Sada.
Esta exposición vai estar aberta na Casa das palabras dentro dos actos dedicados ás Mocedades Galeguistas, que van rematar a principios de novembro co nomeamento de “Chairegos de Honra” de Neira Vilas e Anisia Miranda, tamén fundadores das Mocedades Galeguistas, no MuÃño do Rañego de Vilalba.
Ramón Suárez PÃcallo foi un dos fundadores do Partido Galeguista con Castelao, no 1931. Exiliouse a América. Participou na creación do Consello de Galiza e no I Congreso da Emigración Galega. Converteuse nun dos lÃderes das e dos galegos naquelas décadas.
O seu irmán Xohán Antón foi detido e asasinado no 36. Pertencera ao Partido Galeguista e á Misión Biolóxica de Galicia.
Ademais do Alcalde de Sada, que presentará a exposición, asistirán á táboa redonda, varios membros das primeiras Mocedades Galeguistas, coma Antón santamarina, o seu primeiro presidente, e directivos coma Antón Moreda ou Pilar XeremÃas, os tres ligados á Terra Chá.
Tamén intervirá Xosé MartÃnez Romero, que foi profesor universitario en Bos Aires, e membro do Consello de Galiza. Foi Presidente da federación de Sociedades Gallegas, que fundara Ramón Suárez PÃcallo.
Outro dos intervintes é Xavier Alacalá cunha ampla producción literaria dedicada a Arxentina, e mesmo editor dalgún traballo de Antón Santamarina.
Outra das intervencións vai ser de Avelino Pousa Antelo, membro do Partido Galeguista e da Misión Biolóxica. Moi coñecedor da vida e da obra de Suárez PÃcallo, aquà en Galiza
Asociación Cultural Xermolos, 2008-09-04
Actualidad

A primeira fase do piloto do proxecto Xenoma Galicia permitiu detectar, entre os máis de 1.000 participantes aos que se lle recolleu unha mostra de sangue, 14 novos casos de alto risco para as patoloxÃas investigadas de cancro de mama e ovario hereditario, sÃndrome de Lynch e hipercolesterolemia familiar. A ConsellerÃa de Sanidade presentou esta mañá ante o Consello da Xunta un informe de situación do piloto do proxecto Xenoma Galicia. Cun investimento de 20 millóns de euros, o Goberno galego márcase o obxectivo de recompilar o ADN de 400.000 persoas. Pola porcentaxe de poboación incluÃda, Xenoma Galicia é un dos proxectos de maior envergadura do mundo. Permitirá ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados, predicir o risco de enfermidades antes de apareceren para poder anticiparse a elas e evitalas grazas ao estudo do xenoma e da historia clÃnica.

No marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, a Xunta de Galicia vén de rebaixar a alerta por altas temperaturas aos niveis 1 e 2. Deste xeito, a vaga de calor iniciada pasado venres, que na xornada de onte acadou o nivel 3 de alerta en diversas áreas de Galicia, agora queda establecida nos dous primeiros niveis de alerta. En concreto, as zonas que ficarán no nivel 2 son o noroeste de Ourense, o interior de Pontevedra, asà como o Centro e a Montaña da provincia de Lugo. Pola súa banda, defÃnese o nivel de alerta 1 por vaga e calor as zonas do interior de Coruña, o sur de Lugo, Miño de Ourense, montaña de Ourense, sur de Ourense, Valdeorras, litoral de Pontevedra e a zona Miño de Pontevedra.
Notas
A décimo terceira edición do Campus de Verán XuvenCiencia, no que participan case un cento de adolescentes de terceiro e cuarto da ESO, primeiro e segundo de BAC e ciclos medios de FP, arrancou este luns e desenvolverase ata o sábado 5 en facultades, centros de investigación e laboratorios do Campus de Lugo da USC. Como en anos anteriores, o programa inclúe obradoiros prácticos, visitas a centros de investigación da USC en Lugo e doutros puntos da contorna, asà como diversas actividades deportivas e de ocio.
Investigadores do grupo Encomat e do grupo e-Materiais da UVigo levan varios meses traballando de maneira conxunta para incrementar a vida útil de estruturas de formigón reforzadas con aceiros de memoria de forma. A súa proposta é a aplicación de pelÃculas intelixentes autorreparadoras ou smart coatings, cuxa viabilidade están a estudar no marco do proxecto SmartCoDur, seleccionado dentro do Plan Estatal de Investigación CientÃfica, Técnica e de Innovación.