Notas de prensa

O conselleiro de Economía expón aos empresarios galegos en Cataluña o novo escenario para os investimentos en Galicia

* José Ramón Fernández Antonio mantivo un encontro cos membros de Aegaca, aos que invitou a avanzar no seu ánimo de canalizar investimentos cara a Galicia, co apoio do novo Goberno * Entre os temas abordados polo conselleiro figurou o novo enfoque da Xunta para o aproveitamento dos fondos comunitarios e o clima de confianza e estabilidade que reflicten os indicadores económicos * O conselleiro reiterou o seu apoio á iniciativa de constitución da Alianza Galega de Emprendedores na que traballa a asociación

A Xunta de Galicia quere alentar o impulso das iniciativas dos empresarios galegos no exterior nun momento no que o clima de confianza e as perspectivas cara ao futuro inmediato están solidamente asentadas na estratexia económica do Goberno e nos seus orzamentos. Así o expuxo o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, nun encontro que mantivo en Barcelona cos membros da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (Aegaca). O conselleiro destacou o papel da asociación como marco de encontro e colaboración entre os empresarios, e tamén gabou o seu “ánimo de canalizar investimentos cara a Galicia”. Neste sentido, Fernández Antonio quixo explicar polo miúdo aos empresarios a nova orientación da política económica da Xunta de Galicia e o clima actual de “acentuación da confianza” que reflicten os indicadores e ao que ten contribuído “a estabilidade política, social, xurídica e económica” tras nove meses de novo Goberno.

Na súa intervención, o conselleiro lembrou o papel dos empresarios “como motor económico e fonte de creación de riqueza e emprego” polo que, segundo asegurou, “precisamos do seu protagonismo”. Por iso, transmitiu aos membros de Aegaca “o noso interese en coñecer de primeira man as opinións dos empresarios asentados fóra de Galicia”. Tras aludir ao encontro do pasado febreiro entre o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e os membros da Asociación, o conselleiro reiterou o apoio do Goberno galego á iniciativa de constitución dunha Alianza Galega de Emprendedores na que traballa Aegaca. Nesta liña, Fernández Antonio lembrou o “obxectivo da Xunta de impulsar de maneira decidida a proxección exterior dos nosos sectores produtivos e das nosas empresas”.

Impulso á innovación para converxer

A internacionalización é, precisamente, un dos puntais do novo modelo de crecemento tal e como explicou o conselleiro de Economía ante os empresarios galegos en Cataluña. Galicia, indicou, “enfróntase ao desafío da converxencia con España e Europa en termos de riqueza”, pero tamén noutros campos como o “da Sociedade da Información”. Por iso, engadiu, entre os obxectivos orzamentarios do novo Goberno, “un primeiro paso da estratexia de crecemento económico e o impulso da innovación e o incremento da produtividade”. Neste sentido, Fernández Antonio expuxo as prioridades recollidas nos Orzamentos para o 2006 onde, indicou, a Xunta quixo poñer a énfase“no aumento da competitividade económica e empresarial, na incorporación das novas tecnoloxías e a sociedade da información e na creación de emprego de calidade”.

Os plans de acción sobre os que traballa a Consellería de Economía para os próximos anos están fudamentados nos obxectivos orzamentarios de reforzo do sistema educativo e o capital humano; de mellora das infraestruturas físicas; e do crecemento baseado nunha aposta pola investigación e o desenvolvemento. Ademais, segundo expuxo Fernández Antonio, a Xunta de Galicia dará unha nova orientación á utilización dos fondos comunitarios no período 2007-2013 co obxectivo de que permitan a converxencia real da economía galega. O Marco Estratéxico de Galicia para dito período terá como liñas básicas a innovación e o coñecemento; o formación continua e o fomento do emprego; o desenvolvemento sostible e o medio ambiente; e o impulso da cohesión e a cooperación territorial. Todo iso, engadiu, coa finalidade de aumentar a competitividade e o atractivo de Galicia como lugar axeitado para impulsar proxectos empresariais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES