Os xornalistas galegos aseguran que as Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento non están a aproveitar as posibilidades que os medios de comunicación brindan para difundir a súas mensaxes. En concreto, a directora do portal Vieiros, MarÃa Yáñez, asegurou que estas organizacións non están a ter en conta as vÃas abertas por internet par difundir o seu traballo e comunicar directamente coa cidadanÃa. Yáñez instounos a situarse na rede de redes, prescindindo dos mediadores, e posicionando as súas visións do mundo directamente aos públicos cos que queren conectar.
Ao seu ver, existe actualmente unha conxuntura de mudanza no plano da comunicación, que deben aproveitar as organizacións do terceiro sector para “tomar unha posición vantaxosa”. Deben optimizar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxÃas da información e comunicacións que están a facer posÃbel unha “democratización da comunicación, que semella voltar ás mans da cidadanÃa”.
Xunto a MarÃa Yáñez de Vieiros, Rubén Santamarta Vicente en representación da Voz de Galicia, Ana Miranda da Axencia Galega de Noticias (AGN), Julia Campos do equipo de informativos da TVG e o xornalista de El Correo Gallego Xaime Leiro participaron nunha mesa de redonda para analizar o compromiso dos medios de información galegos coa información de cooperación ao desenvolvemento. Este foro, enmarcado nas I Xornadas de Cooperación e Comunicación Social, foi moderado polo profesor Titular de Xornalismo Especializado na USC e director do Observatorio Galego de Medios, Luis Ãlvarez Pousa.
Este grupo de xornalistas coincidiron en reclamar “un papel máis activo das ONGDs no eido comunicativo” para aproveitar a actual conxuntura de democratización informativa, aÃnda que recoñecen a “tiranÃa do espazo” e a “competencia cos temas de polÃtica” que se vive a diario nas redaccións dos medios. Do mesmo xeito, denunciaron que non hai grande marxe para a especialización dos xornalistas nestes ámbitos.
Xaime Leiro asegurou na súa intervención que outro dos obstáculos para a presenza de información “social” nos medios de comunicación galegos é a “febleza do modelo solidario autóctono galego” que se verifica tamén no campo da comunicación. Leiro expuxo que se o colectivo solidario non pode considerarse “grupo social de presión en Galicia” iso inflúe na consideración que os medios de comunicación fan deles. Asà mesmo, dixo que “pluralidade de ideoloxÃas que as organizacións representan, posto non sempre encaixan co que os medios precisan en contextos especÃficos e “que reduce a presenza destas organizacións á vontade das simpatÃas de contados xornalistas”.
A xornalista Julia Campos centrouse nas probabilidades de que as ONGDs consigan esta presenza nos medios e destacou que na actualidade están practicamente “limitadas aos DÃas Internacionais, aos grandes desastres e á súa actuación en eventos de relevancia mundial, tendo acceso a declaracións e imaxes exclusivas”. Por este motivo, Campos chamou á profesionalización da comunicación dentro das ONGDs para facilitar as relacións cos medios. Neste sentido, insistiu que “actualmente xa se superou a visión inxenua da solidariedade” resaltando que “as ONGDs son entidades profesionais, con poder e, por tanto, son vistas como fundamento de opinión, pola confianza e penetración social que manteñen”.
A xornalista de AGN Ana Miranda coincidiu en subliñar a necesidade de que as ONG incrementen a súa actividade, con respecto dos medios de comunicación, a través dunha maior difusión de comunicados e convocatorias de roldas de prensa. Ana Miranda, consciente da dificultade de modificar a situación actual, dixo que os reponsables das ONG galegas “non están acostumbrados a ter unha relación habitual cos medios de comunicación”.
Dende a perspectiva dos medios de comunicación, Miranda recoñeceu “a preponderancia que adoitan ter outro tipo de informacións como as de contido polÃtico ou económico”.”Por iso –explicou- os xornalistas temos que aproveitar as fins de semana ou os dÃas nos que se produza pouca información de carácter polÃtico para introducir contidos sociais. Ademais, “a falta de tempo é outra das barreiras que impide a publicación de informacións relacionadas coas ONGÂ’s”.
Rubén Santamarta, pola súa banda, avogou por unha especialización en temas sociais. O xornalista explicou que en Galicia “non hai realmente ninguén que estea formado e informado sobre os temas dos asuntos sociais”. Estes especialistas, segundo Santamarta, son necesarios para que os medios informativos dean cobertura ás noticias procedentes das ONG. Ademais da falta de tempo da que falara Ana Miranda, o xornalista de La Voz de Galicia engadiu que, no seu caso, está sometido á “dictadura do espazo”, polo que “é difÃcil atopar un oco para os contados de carácter social”.
Ãlvarez Pousa, que abriu a sesión, salientou a necesidade de procurar as formas máis adecuadas para a produción da información no ámbito da cooperación, “poñendo en valor a identificación imaxinativa coas vidas dos demais” propia do quefacer xornalÃstico. Explicou tamén a necesidade de continuar impulsando un “xornalismo social preocupado polas vidas dos máis vulnerados polos poderes fácticos”.
Na súa comparecencia, Ãlvarez Pousa anunciou a inminente posta en funcionamento dun seminario permanente sobre xornalismo social entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Grupo de Investigacion CidadanÃa e Comunicación da USC. Tal seminario viria a continuar a labor de monitorización do Observatorio Galego de Medios incidindo esencialmente nas problemáticas sociais e de xénero.
Xosé Ramil anima a que a información actúe como motor de cambio para unha sociedade máis xusta
XOSÉ RAMIL ANIMA A QUE A INFORMACIÓN ACTÚE COMO MOTOR DE CAMBIO PARA UNHA SOCIEDADE MÃIS XUSTA
Xosé Ramil, xornalista dedicado a informacións sobre a cooperación, manifestouse a favor de que ”a comunicación actúe como motor de cambio para conseguir unha sociedade máis xusta”. Neste sentido, declarou que é “fundamental” o emprego de Internet como “medio que fomenta a acción”.
Durante o seu relatorio nas Xornadas de Cooperación e Comunicación Social, nas que presentou o portal CanalSolidario.org, Ramil fixo un chamamento a que “os que traballan coa información se impliquen na defensa dos valores sociais e no desenvolvemento sostible”.
En canto o tema do voluntariado, Xosé Ramil indicou que “en certas situacións ten que estar organizado, pero tamén é importante promocionar a autoorganización da xente mediante redes sociais”. Nesa liña traballan co portal do voluntariado en Brasil.
Ramil presentou o portal Canal Solidario, iniciativa na que participa como editor. Este portal, cuxa primeira versión é do ano 1999 e segue evolucionando cara a diversos proxectos como o dunha sección de periodistas sociais, ten como finalidade “detectar accións das organizacións e movementos sociais que deberÃan estar reflectidas nos medios”. e, sobre todo, servir de axuda para que pequenas e medianas ONG poidan difundir o seu labor.
Nunha recente enquisa amosouse que é maior a porcentaxe de mulleres que de homes que visitan este portal, á vez que constatouse que a maiorÃa dos usuarios traballan como voluntarios. Un resultado alentador, segundo palabras de Ramil, é que “un 74% dos enquisados indicou que a consulta de Canal Solidario os incitara á acción”, mediante envÃos de correo electrónico ou firmas na web dunha ONG.
Ramil asegurou que “moitas veces, dende Canal Solidario, dámoslle prioridade á calidade sobre a rapidez”, e con ese fin sacan reportaxes sobre organizacións que buscan resultados nun área concreta como o das persoas maiores que viven soas.