Notas de prensa

Medio Ambiente e Fegamp deciden buscar un modelo de xestión integral do saneamento para Galicia e un prezo único que acabe cos agravios entre concellos

* Consellería e concellos apostan por xeneralizar a auto-compostaxe de residuos orgánicos, para facer abonos, en todo o rural galego. * A Federación Galega de Municipios estará representada por primeira vez nos máximos órganos de dirección de Sogama e Augas de Galicia.

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Xosé Crespo, encabezaron a primeira reunión da comisión nacida a raíz a aprobación do Pacto Local para tratar asuntos do ámbito medioambiental en relación coas institucións locais. Ambos estiveron acompañados dos seus respectivos equipos directivos, que no caso da Consellería de Medio Ambiente estivo formado polos directores xerais de Calidade e Avaliación Ambiental e Desenvolvemento Sostible, ademais do presidente de Sogama e o director de Augas de Galicia. O presidente da Fegamp estivo acompañado polo vicepresidente Francisco García, alcalde de Allariz, e por técnicos da Fegamp, incorporándose máis tarde o tamén vicepresidente Manuel Lagares, alcalde de Betanzos.

Intensa reunión

Tras unha intensa reunión de traballo, Consellería de Medio Ambiente e Fegamp acordaron a creación dunha comisión que se encargará de buscar un modelo de xestión integral do saneamento en Galicia, que será asumido pola propia Xunta de Galicia no horizonte do 2008 sempre e cando se chegue a un consenso ca entidade que representa a tódolos concellos galegos. Acadado un principio de acordo para emprender ese camiño, o traballo durante os próximos meses centrarase en determinar a fórmula que permita o establecemento dun prezo uniforme en toda a Comunidade Autónoma para o saneamento das augas, tratando de evitar así os desequilibrios existentes na actualidade: hai concellos nos que a depuración das augas é totalmente gratuíta e outros nos que se aplica o canon de saneamento, a taxa de depuración ou ambos. Esa situación de claro desagravio xurde a raíz da aprobación da Lei de Rías, cuxa aplicación deu como resultado que hoxe haxa 18 concellos en Galicia ós que a Consellería de Medio Ambiente lles paga o 100% da depuración, mentres que no resto teñen que ser os concellos, e por extensión os veciños, os que se fagan cargo do mesmo gasto.

A intención tanto da consellería de Medio Ambiente como da Fegamp é que a partir de 2008 a xestión e mantemento das infraestruturas de saneamento de toda Galicia sexan asumidas pola Xunta de Galicia.

Auto-compostaxe

Aínda sendo o tema principal da reunión, os responsables da Consellería de Medio Ambiente e os da Fegamp abordaron outros moitos. Entre eles, a aposta firma de ambas partes pola implantación xeneralizada da auto-compostaxe no rural galego, cun programa serio e rigoroso que garanta o subministro de compostoiros a tódolos demandantes. A finalidade é reducir a cantidade de residuos na súa orixe, impulsando así boas condutas ambientais e abaratando custes no transporte e tratamento dos mesmos.

Máxima representación

Por outra banda, da xornada de traballo saíu tamén o acordo da incorporación dos concellos ós máximos órganos de dirección tanto de Sogama como de Augas de Galicia, dos que ata agora estaban ausentes, estreitando así a colaboración entre ambas entidades e incrementando o nivel de colaboración e complicidade en decisións que afectan directamente as entidades municipais e por extensión os veciños de toda Galicia.

Así mesmo, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ofertou os alcaldes galegos, representados todos eles na Fegamp, a súa participación na redacción do Plan Galego de Residuos, que deberá rematar no mes de outubro deste ano. A decisión final foi consensuar cada bloque do plan ata o remate do documento, en aras de conxugar nel os intereses das dúas partes e de garantir un acordo pleno con relación ó texto final.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, 2006-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES