O Consello de Administración da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galiza, Turgalicia, que depende da Consellería de Innovación e Industria, aprobou o nomeamento de Xesús Pereira López como novo xerente da empresa.
Doutor en Economía pola Universidade de Santiago, dende 1995 exerce como profesor de Economía Cuantitativa na Facultade de Administración e Dirección de Empresas no campus de Lugo. En relación coa súa actividade investigadora, traballa básicamente na modelización e análise económica a través da metodoloxía input-output. Tamén e autor de varios traballos e publicacións acerca do impacto do turismo na economía galega. Entre estes destacan diferentes artigos publicados en medios académicos especializados en turismo, tales como O complexo turístico da economía galega e outros relacionados coa medición do impacto do turismo no entramdo económico do país, incluidos en Tourism Economics e Tourism in Scientific Research.
Xesús Pereira naceu en 1970 en Santiso (A Coruña), sendo durante o período 1999-2003 portavoz municipal do BNG neste concello. Dende 2003 forma parte do grupo municipal do Bloque no concello de Melide.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.