Aínda que iLingua celebraba recentemente outros eventos, como a xornada Linguamente, será CIIL25 o congreso inaugural do Instituto, aberto a toda a comunidade científica do ámbito. O obxectivo é achegar ás persoas con intereses investigadores comúns, tanto persoas cunha ampla traxectoria investigadora, coma novos talentos que acaban de comezar. Tamén queremos atraer o estudantado para que coñeza a actualidade e o futuro do noso ámbito, detalla María Méndez Santos, secretaria do iLingua e do comité organizador do CIIL25, que confirma ademais o éxito da convocatoria realizada pola organización da Conferencia, que contará con catro plenarias, nove pósteres e 45 comunicacións de universidades de toda España, Colombia, Italia, Estados Unidos e Senegal.
Estruturas e redes de investigación en linguas máis asentadas
Fronte ao ámbito científico, o director do iLingua considera que a investigación en linguas e, en concreto, a súa coordinación a través de institutos ou centros non goza de estruturas ou redes tan asentadas. É por esta razón, que o Instituto pretende, a través de iniciativas como a celebración de CIIL25, tecer conexións e, como obxectivo adicional, dar a coñecer a outras entidades as investigación que se desenvolven na actualidade na UVigo pois, de feito, a capacidade investigadora do persoal pre, posdoutoral e consolidado do iLingua é moi relevante e ampla.
Méndez e Guerra lembran que "o iLingua está formado por persoal investigador no ámbito das linguas e a lingüística en moi diversas liñas e no CIIL25 decidimos dar acollida a todas as liñas do instituto e plantear algunhas temáticas nas que temos especial interese. Neste sentido a selección dos traballos, así coma a súa categorización en presentacións orais ou pósteres, obedeceu en todo caso a criterios científicos", explican.
Neurociencia ou redes sociais, entre as temáticas das plenarias
Linguaxe, linguas e lingüística en relación con áreas tan de actualidade como a creación de recursos, a neurociencia, a intelixencia aumenta e redes sociais centrarán as plenarias da Conferencia, nas que tamén se abordarán outras cuestións como accesibilidade como dereito da cidadanía, oportunidades de investigación en humanidades dixitais ou linguas indíxenas e diversidade lingüística.
Catro persoas cunha gran traxectoria investigadora e que ademais están ao cargo de catro institutos da lingua referentes para nós, serán as e os conferenciantes plenarios do evento, explica María Méndez, en referencia a Mercè Lorente Casafont (Universidade Pompeu Fabra), Vincent Renner (Universidade Lumiére Lyon 2), Chelo Vargas Sierra (Universidade de Alacant) e Carmen Varo Varo (Universidade de Cádiz). Chelo Vargas será a encargada de impartir o relatorio inaugural da Conferencia, titulado Reescribir la inteligencia: cognición traductora y prompting en la era de la inteligencia aumentada, mentres que Mercè Lorente pechará a Conferencia coa palestra La lingüística aplicada orientada a la creación de recursos.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.