
A participación galega, que conta cun orzamento de 1,36 millóns de euros cofinanciados nun 50% pola Comisión Europea e no outro 50% polo Ministerio de Ciencia, Universidades e Innovación, terá unha importante contribución a este obxectivo de crear un espazo único para aportar servizos e coñecemento aos usuarios de ordenadores cuánticos. A parte galega está liderada polo Cesga, un centro compartido entre a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas, e tres centros de investigación da Rede CIGUS: o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, e o Centro de Investigación en TIC (CITIC) da UDC.
En concreto, os centros galegos contribuirán principalmente a facilitar á comunidade científica e ao tecido produtivo o acceso ás infraestruturas cuánticas. Ademais, tamén facilitarán o desenvolvemento de novas aplicacións e softwares no campo da computación cuántica e serán responsables da realización de actividades de benchmarking, un proceso de comparación de computadores cuánticos e aplicacións desta tecnoloxía. Tamén colaborarán na formación de investigadores e usuarios, impulsando a experiencia adquirida en TalentQ, o programa de formación e crecemento de talento do proxecto Quantum Spain.
O Centro Europeo de Excelencia Cuántica funcionará como un centro único para aplicacións e ferramentas de computación cuántica, capacitando a usuarios científicos, empresas e industrias europeas para aproveitar o potencial destas tecnoloxías. Mediante programas de formación especializada e apoio personalizado, QEX formará persoal altamente cualificado en computación cuántica en toda Europa, á vez que axudará aos usuarios a adaptarse e codesenvolver aplicacións cuánticas, asegurando así a preparación para a próxima era da computación.
Socios participantes
O consorcio QEX reúne once socios que representan unha rede diversa de experiencia científica e técnica, procedentes de cinco países da Unión Europea. Coordinado polo Stichting QuantumDeltaNL (Países Baixos), participan tamén por Dinamarca a Danmarks Tekniske Universitet, a Københavns Universitet e a Syddansk Universitet, por Irlanda a Universidade de Galway, por Alemaña a Bayerische Akademie der Wissenschaften e a Deutsches Zentrum für Luft und Raumfahrt e polos Países Baixos a Nederlandse Organisatie voor Toegepast Natuurwetenschappelijk Onderzoek, ademais do líder Stichting QuantumDeltaNL. Súmanse por España, a USC, o Cesga, e a UDC.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.